Expiación e outros relatos
Aparencia
Expiación e outros relatos | |
---|---|
Retrato da autora | |
Título orixinal | Expiation/The Lady's Maid's Bell/The Descent of Man/The Other Two |
Autor/a | Edith Wharton |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Relato |
Data de pub. | 1902, 1903, 1904 |
Primeira edición galega | |
Tradución | Celia Recarey |
Editorial | Irmás Cartoné |
Data de pub. | 2023 |
Páxinas | 160 pp. |
Artista da cuberta | Carlos Valdés García |
Expiación e outros relatos é unha escolma de contos da escritora estadounidense Edith Wharton, publicado en galego no ano 2023. Foi editado por Irmás Cartoné, con tradución directa do inglés de Celia Recarey.[1]
Relatos
[editar | editar a fonte]O libro compila os seguintes relatos de Wharton:[1][2]
Título en galego | Título orixinal | Ano de publicación |
---|---|---|
Expiación | Expiation | 1903 |
O timbre de servizo | The Lady's Maid's Bell | 1902 |
A orixe do home | The Descent of Man | 1904 |
Os outros dous | The Other Two | 1904 |
Sinopse
[editar | editar a fonte]- Expiación. Historia satírica sobre un escritor a piques de facer o seu debut literario.[3]
- O timbre de servizo. Desesperada por atopar traballo, unha moza chamada Hartley decide aceptar un posto na casa dos Brympton, escura e chea de segredos.[4]
- A orixe do home. Un eminente investigador decide publicar un libro pseudocientífico para poñer en evidencia este tipo de ideas; porén, a súa obra convértese nun éxito de vendas. O protagonista serve para explorar satiricamente a teoría da evolución de Darwin e o debate xurdido ao seu redor.[5][6]
- Os outros dous. Unha parella de recén casados, os Waythorn, terán que asumir as consecuencias dos divorcios anteriores da esposa. O texto aborda o tema do divorcio, moi polémico na súa época.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Expiación e outros relatos, de Edith Wharton – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-03-07.
- ↑ "Edith Wharton's Short Stories: Publication Dates". public.wsu.edu. Consultado o 2024-03-07.
- ↑ "Expiation". Consultado o 2024-03-07.
- ↑ "LitCharts". LitCharts (en inglés). Consultado o 2024-03-07.
- ↑ Sherrod, Kate (2013-11-10). "Kate of Mind: Edith Wharton's THE DESCENT OF MAN AND OTHER STORIES". Kate of Mind. Consultado o 2024-03-07.
- ↑ Saunders, Judith P. (2022-12-01). "Evolution, “Pseudo-science,” and Satire: Edith Wharton’s “The Descent of Man”". Evolutionary Studies in Imaginative Culture (en inglés) 6 (2): 57–70. ISSN 2472-9876. doi:10.26613/esic.6.2.299.
- ↑ "The Other Two Summary and Study Guide". SuperSummary (en inglés). Consultado o 2024-03-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Edith Wharton en galego por partida dobre (Diario Cultural)
- Expiation (texto completo en inglés)