Saltar ao contido

Fábula de Schleicher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fábula de Schleicher (avis akvāsas ka) é un texto artificial composto nun protoindoeuropeo reonstruído (PIE), publicado por August Schleicher en 1868. Schleicher foi o primeiro estudoso en compoñer un texto en PIE. A fábula titúlase Avis akvāsas ka ("A ovella e os cabalos"). En épocas posteriores varios autores teñen publicado versións revisadas da fábula de Schleicher, como unha idea de como o PIE debía ter mudado co paso do tempo. A fábula pode servir como unha ilustración dos cambios significativos que esta lingua reconstruída vén sufrindo durante os últimost 140 anos de traballo académico. A primeira revisión da fábula de Schleicher fíxoa Hermann Hirt (publicada por Arntz en 1939). Unha segunda revisión publicouna Winfred Lehmann e Ladislav Zgusta en 1979 [1] Outra versión feita por Douglas Q. Adams apareceu no EIEC (1997:501). En 2007 Frederik Kortlandt publicou aínda outra versión na súa páxina web.[2]

A ovella e os cabalos

[editar | editar a fonte]

Schleicher (1868)

[editar | editar a fonte]

Avis akvāsas ka

Avis, jasmin varnā na ā ast, dadarka akvams, tam, vāgham garum vaghantam, tam, bhāram magham, tam, manum āku bharantam. Avis akvabhjams ā vavakat: kard aghnutai mai vidanti manum akvams agantam. Akvāsas ā vavakant: krudhi avai, kard aghnutai vividvant-svas: manus patis varnām avisāms karnauti svabhjam gharmam vastram avibhjams ka varnā na asti. Tat kukruvants avis agram ā bhugat.

Hirt (1939)

[editar | editar a fonte]

Owis ek’wōses-kʷe

Owis, jesmin wьlənā ne ēst, dedork’e ek’wons, tom, woghom gʷьrum weghontm̥, tom, bhorom megam, tom, gh’ьmonm̥ ōk’u bherontm̥. Owis ek’womos ewьwekʷet: k’ērd aghnutai moi widontei gh’ьmonm̥ ek’wons ag’ontm̥. Ek’wōses ewьwekʷont: kl’udhi, owei!, k’ērd aghnutai vidontmos: gh’ьmo, potis, wьlənām owjôm kʷr̥neuti sebhoi ghʷermom westrom; owimos-kʷe wьlənā ne esti. Tod k’ek’ruwos owis ag’rom ebhuget.

Lehmann e Zgusta (1979)

[editar | editar a fonte]

Owis eḱwōskʷe

Gʷərēi owis, kʷesjo wl̥hnā ne ēst, eḱwōns espeḱet, oinom ghe gʷr̥um woǵhom weǵhontm̥, oinomkʷe meǵam bhorom, oinomkʷe ǵhm̥enm̥ ōḱu bherontm̥. Owis nu eḱwobh(j)os (eḱwomos) ewewkʷet: "Ḱēr aghnutoi moi eḱwōns aǵontm̥ nerm̥ widn̥tei". Eḱwōs tu ewewkʷont: "Ḱludhi, owei, ḱēr ghe aghnutoi n̥smei widn̥tbh(j)os (widn̥tmos): nēr, potis, owiōm r̥ wl̥hnām sebhi gʷhermom westrom kʷrn̥euti. Neǵhi owiōm wl̥hnā esti". Tod ḱeḱluwōs owis aǵrom ebhuget.

Adams (1997)

[editar | editar a fonte]

H2óu̯is h1ék̂u̯ōs-kʷe

Gʷr̥hxḗi] h2óu̯is, kʷési̯o u̯lh2néh4 ne (h1é) est, h1ék̂u̯ons spék̂et, h1oinom ghe gʷr̥hxúm u̯óĝhom u̯éĝhontm̥ h1oinom-kʷe ĝ méĝham bhórom, h1oinom-kʷe ĝhménm̥ hxṓk̂u bhérontm̥. h2óu̯is tu h1ek̂u̯oibh(i̯)os u̯eukʷét: 'k̂ḗr haeghnutór moi h1ék̂u̯ons haéĝontm̥ hanérm̥ u̯idn̥téi. h1ék̂u̯ōs tu u̯eukʷónt: 'k̂ludhí, h2óu̯ei, k̂ḗr ghe haeghnutór n̥sméi u̯idn̥tbh(i̯)ós. hanḗr, pótis, h2éu̯i̯om r̥ u̯l̥h2néham sebhi kʷr̥néuti nu gʷhérmom u̯éstrom néĝhi h2éu̯i̯om u̯l̥h2néha h1ésti.' Tód k̂ek̂luu̯ṓs h2óu̯is haéĝrom bhugét.

Kortlandt (2007)

[editar | editar a fonte]

ʕʷeuis ʔkeuskʷe

ʕʷeuis iosmi ʕuelʔn neʔst ʔekuns ʔe 'dērkt, tom 'gʷrʕeum uogom ugentm, tom m'geʕm borom, tom dgmenm ʔoʔku brentm. ʔe uēukʷt ʕʷeuis ʔkumus: kʷntske ʔmoi kērt ʕnerm ui'denti ʔekuns ʕ'gentm. ʔe ueukʷnt ʔkeus: kludi ʕʷuei, kʷntske nsmi kērt ui'dntsu: ʕnēr potis ʕʷuiom ʕulʔenm subi gʷormom uestrom kʷrneuti, ʕʷuimus kʷe ʕuelʔn neʔsti. To'd kekluus ʕʷeuis ʕe'grom ʔe bēu'gd.

Lühr (2008)

[editar | editar a fonte]

h2ówis h1ék’wōskwe

h2ówis, (H)jésmin h2wlh2néh2 ne éh1est, dedork’e (h1)ék’wons, tóm, wóg’hom gwérh2um wég’hontm, tóm, bhórom még’oh2m, tóm, dhg’hémonm h2oHk’ú bhérontm. h2ówis (h1)ék’wobhos ewewkwe(t): k’ḗrd h2ghnutoj moj widntéj dhg’hmónm (h1)ék’wons h2ég’ontm. (h1)ék’wōs ewewkw: k’ludhí, h2ówi! k’ḗrd h2ghnutoj widntbhós: dhg’hémō(n), pótis, h2wlnéh2m h2ówjom kwnewti sébhoj gwhérmom wéstrom; h2éwibhoskwe h2wlh2néh2 né h1esti. Tód k’ek’luwṓs h2ówis h2ég’rom ebhuge(t).

Tradución

[editar | editar a fonte]

A ovella e os cabalos

[Nun outeiro,] unha ovella que non tiña la veu cabalos, tirando un deles dun carro, outro levando unha pesada carga e outro portando un home velozmente. A ovella díxolle aos cabalos: "O meu corazón dóeme, ao ver un home guiando cabalos". Os cabalos dixeron: "Escoita, ovella, os nosos corazóns dóennos cando vemos isto: un home, o amo, converte a la da ovella nun vestido cálido para el. E a ovella non ten la". Tras oír isto, a ovella escapou á chaira.

Diferenzas notábeis

[editar | editar a fonte]

Algunhas das diferenzas entre os textos son só distintas convencións de grafía: w e u e.g. son só diferentes maneiras de indicar o mesmo son, un u consonántico. Porén, outras moitas diferenzas deben ser explicadas como puntos de vista moi diverxentes sobre os sistemas fonolóxicos e morfolóxicos do indoeuropeo. A reconstrución de Schleicher asumía que o vocalismo o/e era secundario, e o seu PIE está baseado moito máis próximo ao sánscrito do que a reconstrución moderna. Hirt introduciu o vocalismo o/e, soantes silábicas, labiovelares e velares palatais. Lehmann e Zgusta introduciron algúns lexemas alternativos (o pronome relativo kʷesjo; a palabra nēr 'home'), e deron algúns primeiros pasos cara á dirección da aceptación das teoría das laringais. O seu texto amosa un h (wl̥hnā) polo que parecen aceptar como unha única laringal do PIE. Adams foi o primeiro que reflectiu plenamente a teoría laringal na súa versión da fábula. A xulgar polo texto, parece asumir catro laringais diferentes. En consecuencia o texto de Adam xa non amosa ā longo en ningures. A versión de Kortlandt é unha desviación radical dos textos anteriores en moitos aspectos. En primeiro lugar, seguiu a teoría glotálica, escribindo as oclusivas glotais cun apóstrofe prefixado ('d) e omitindo as oclusivas sonoras aspiradas. En segundo lugar, substitúe os signos abstractos para as laringais polos seus supostos valores fonéticos: h1 = ʔ (ataque glotal), h2 = ʕ (fricativa faringal), h3 = ʕʷ (fricativa faringal con redondeamento de labios). En terceiro lugar, omite as velares palatais, reducindo a serie das oclusivas a velares e labiovelares. Kortlandt tamén ten unha opinión diferente sobre os graos de Ablaut en moitas formas verbais e nominais, en comparación cos outros autores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arntz, Helmut (ed.), Hirt, Hermann: Die Hauptprobleme der indogermanischen Sprachwissenschaft. Niemeyer, Halle a.d. Saale 1939 (Sammlung kurzer Grammatiken germanischer Dialekte. B. Ergänzungsheft 4).
  • Kortlandt, Frederik. 2007. For Bernard Comrie.
  • Lehmann, W., e L. Zgusta. 1979. Schleicher's tale after a century. In Festschrift for Oswald Szemerényi on the Occasion of his 65th Birthday, ed. B. Brogyanyi, 455–66. Amsterdam.
  • Mallory, J. P. e Adams, D. Q.: Encyclopedia of Indo-European Culture. Londres, 1997. p. 500ss.
  • Schleicher, August: Fabel in indogermanischer Ursprache. In: Beiträge zur vergleichenden Sprachforschung auf dem Gebiete der arischen, celtischen und slawischen Sprachen. 5/1868. Dümmler, Berlin, p. 206-208.
  • Lühr, Rosemarie Von Berthold Delbrück bis Ferdinand Sommer: Die Herausbildung der Indogermanistik in Jena.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]