Antirretroviral
Un antirretroviral (ARV) ou antirretrovíricos[1] (TAR de Terapia AntirRetroviral)[1] é un fármaco deseñado para combater infeccións orixinada por un retrovirus. Un dos primeiros antirretrovirais comercializados e probablemente o máis coñecido é o zidovudina ou AZT, que marcou o primeiro tratamento efectivo contra a SIDA e a infección por VIH, porén, deixou de empregarse polos seus problemas de toxicidade en tratamentos para doenzas crónicas.
Xeralmente, é usado un conxunto de varias combinacións de tres ou catro medicamentos que son coñecidos como Terapia Antirretroviral de Alta Actividade (TARGA).
O estudo START[2] (2015) demostrou a necesidade de comezar o tratamento antirretroviral xa na fase asintomática de infección polo VIH.
Clases de fármacos
[editar | editar a fonte]Os mecanismos de acción destas fármacos poden afectar a un ou varios puntos no ciclo de replicación do virus VIH.
Inhibidores da entrada
[editar | editar a fonte]Os inhibidores da emtrada (tamén chamados inhibidores da fusión) impiden que glicoproteínas específicas da cápside do virus poidan actuar nas membranas das células diana. Pouco usado.
Inhibidores da transcriptase inversa
[editar | editar a fonte]Os inhibidores da transcriptasa inversa bloquean a función da transcriptase inversa, unha enzima viral que o VIH require para a súa reprodución. A inhibición deste enzima impide o desenvolvemento do ADN viral e con base no seu ARN.
Inhibidores da integrase
[editar | editar a fonte]Os inhibidores da integrase (II) inhiben o enzima integrase viral, que é responsable da integración do ADN viral no ADN da célula infectada.
Inhibidores da protease
[editar | editar a fonte]Os inhibidores da protease (IP) bloquean o enzima protease viral necesaria para producir os virións maduros en potencia da membrana anfitrioa. En particular, estss medicamentos bloquean a división da proteína precursora gag e gag/pol.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Tratamento antirretrovírico (páxina web da Organización Mundial da Saúde (consultado o 27 de xullo de 2013)
- ↑ Group, The INSIGHT START Study (27 de agosto de 2015). "Initiation of Antiretroviral Therapy in Early Asymptomatic HIV Infection". New England Journal of Medicine 373: 795–807. ISSN 0028-4793. PMID 26192873. doi:10.1056/NEJMoa1506816. Consultado o 26 de marzo de 2017.
- ↑ Wensing, AM; van Maarseveen, NM; Nijhuis, M (2010). "Fifteen years of HIV protease inhibitors: Raising the barrier to resistance". Antiviral Research 85: 59–74. PMID 19853627. doi:10.1016/j.antiviral.2009.10.003.