Fátima Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1971 ![]() A Guarda, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado de Axente de Emprego pola Universidade de Vigo, iniciou a súa carreira política no seu concello natal, onde foi elixida concelleira en representación do PPdeG en 2007. Desenvolve a súa experiencia laboral como Técnico de Emprego e Docente[1], nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura dos populares ao concello guardés, mais non acadou os respaldos suficientes para obter a alcaldía a pesar de subir un concelleiro e quitarlle a maioría absoluta ao PSdeG. Dous meses despois, e grazas a unha serie de renuncias das que a última foi a do deputado Ignacio López-Chaves[2], accedeu ao posto de parlamentaria no Parlamento de Galicia en representación da circunscrición de Pontevedra.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casada e ten dous fillos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pedro Puy presentou hoxe as dúas novas deputadas do Grupo Parlamentario Popular[Ligazón morta], nota de prensa do PP, consultable na web do Parlamento de Galicia.
- ↑ La guardesa Fátima Iglesias sustituirá a López Chavez en el Parlamento, La Voz de Galicia, 19/6/2011.