Fátima Pego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1986 ![]() Bastavales, España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, presentadora de televisión, Orquestra Panorama ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Fátima Pego Vilas, nada o 26 de marzo de 1986 en Bastavales, é unha cantante e presentadora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde meniña formou parte de coros infantís e participou en festivais e concursos. Estivo en diferentes concursos da TVG: O Tequele-Tequele, O Tequele-Show, Éxito, Canteira de cantareiros no Luar (con 18 anos)[2]... Estudou canto, solfexo, piano e licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo.[3]
En 2005 entrou na orquestra Suavecito (despois Palladium) na que estivo sete tempadas. Despois pasou á orquestra París de Noia[1] de 2012 a 2018.[4] De aí converteuse en cantante da Orquestra Panorama.[5]
En 2020 interpretou Que sorte de terte con Lucía Pérez e Tania Veiras, arroupadas por máis dunha vintena de rostros populares da TVG.[6] En 2022 foi unha das catro protagonistas de Catro gatos da TVG[7] e participou no Luar.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Galicia, Orquestas de. "Fátima Pego Vilas - Orquestas de Galicia". www.orquestasdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Fátima Pego, cantante de la Panorama: «Me satisface ver que no solo gusta el reguetón»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-08-24. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "fatima pego - Biografia". fatima-pego.es.tl. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Fátima Pego Vilas - Orquestas de España". xn--orquestasdeespaa-lub.com. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Fátima Pego, cantante de la Orquesta Panorama: «Hay muchas ganas de diversión»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-06-21. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "A TVG lanza unha canción cos seus presentadores para arrancar o 2021 cun sorriso CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Catro gatos CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-06-21.
- ↑ "Fátima Pego canta no Luar a versión galega do 'SloMo' de Chanel". Consultado o 2022-06-21.