FC Barcelona, unha nova era
FC Barcelona, unha nova era | |
---|---|
Formato | Documental |
Desenvolvido por | Barça Studios |
Dirixido por | Marc Pons Molina |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán, catalán e inglés |
Episodios | 5 |
Produción | |
Localización(s) | Barcelona |
Duración | 30 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Amazon Prime Video |
Primeiro episodio | 28 de decembro de 2022 |
Derradeiro episodio | 28 de decembro de 2022 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
FC Barcelona, unha nova era (en catalán: FC Barcelona, una nova era) é unha serie documental española de 2022 dirixida polo xornalista Marc Pons Molina. Estreouse o 28 de decembro de 2022 no catálogo de Amazon Prime Video. Gravada orixinalmente en varias lingua, entre eles castelán, catalán e inglés,[1] tamén ten unha versión subtitulada en galego.[2] Foi producido por Barça Studios e cada episodio ten unha duración aproximada de media hora.[3]
A docuserie céntrase nos dous primeiros anos da segunda presidencia de Joan Laporta e na fichaxe de Xavi Hernández como adestrador do primeiro equipo masculino de fútbol do Fútbol Club Barcelona. Tamén describe os distintos procedementos de reestruturación financeira do club e conta con varias imaxes gravadas desde o interior das oficinas e vestiarios.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Desdelsofà.cat (ed.). "FC Barcelona: una nova era". Consultado o 2022-12-06.
- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "FC Barcelona, unha nova era". Consultado o 19 de xullo de 2023.
- ↑ El Cinèfil, ed. (2022-11-17). "La docusèrie per descobrir el nou FC Barcelona des de dins". Consultado o 2022-12-07.
- ↑ "’FC Barcelona, a new era’ obre el nou Barça al públic a Prime Video". El Periódico. 2022-11-17. Consultado o 2022-12-07.
- ↑ NacióDigital (ed.). "«Una nova era»: així s'explicaran els dos últims anys del Barça des de dins". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2023. Consultado o 2022-12-07.