Saltar ao contido

FIFA (serie)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da FIFA

FIFA é unha saga de videoxogos de fútbol publicados anualmente por  Electronic Arts baixo o selo de EA Sports. Cando a saga comezou a finais de 1993 destacou por ser o primeiro en ter unha licenza oficial da FIFA. As últimas edicións da saga conteñen moitas licenzas exclusivas e os equipos de ligas de todo o mundo, como a Premier League e a Football  League inglesa, Serie A (liga italiana),  Bundesliga (liga alemá), a Primeira División de España, Seleccións Nacionais, e outras ligas máis que foron agregando ao longo dos últimos anos. Esta serie permite o uso dos estadios reais, mediante os comentarios pódese gozar dos cánticos reais do público nos estadios, nomes reais dos xogadores e as súas semellanzas en como xogan dentro do campo etc.

Saga FIFA

[editar | editar a fonte]

O primeiro xogo desta saga caracterizábase pola súa perspectiva isométrica ou de tres cuartos, que se diferenciaba dos outros títulos que ofrecían unha vista de paxaro. Un aspecto importante era o son do público no estadio, que estaba baseado en gravacións en vivo e que lle proporcionaban un maior realismo ao desenvolvemento do xogo con cánticos dos afeccionados. O xogo presentaba representativos nacionais, e un equipo especial formado por un selectivo de xogadores, este equipo chámase EA  Sports. A pesar de todos os defectos que presentaba non hai dúbida de que na súa época foi todo un éxito, a xente de EA  Sports ano tras ano continuaba mellorando os seus xogos FIFA.

A nova xeración de FIFA cambiou moito, a intelixencia artificial dos xogadores é agora máis desenvolvida. Por exemplo, no man a man os porteiros son máis rápidos e se o xogador non pasa o balón ou tira a portería, o porteiro roubará o balón ao seu rival. Os gardametas tamén poden ser expulsados e agora poden manexarse con modo manual, o que fará as cousas máis complicadas aínda. Un dos mellores videoxogos da saga FIFA foi o FIFA 2002 no cal se poden facer diferentes tipos de accións cos xogadores e ademais ten moi boa resolución, os narradores teñen xa moitas frases máis que en sagas anteriores.

Trátase da primeira saga que bateu récords cos seus mil millóns de vendas converténdose nun referente en simulación deportiva.

Saga FIFA World Cup

[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro xogo baseado na Copa Mundial de Fútbol desenvolvido por EA Games tras obter a licenza por parte da FIFA en 1997. A diferenza dos seus antecesores, este xogo contiña gráficos en 3D e un modo novo chamado World Cup Classics, que permite disputar finais da Copa do Mundo de anos anteriores.

Estes xogos foron evolucionando ata chegar a un nivel gráfico impresionante, con caras dos xogadores, clásicos no mundo do fútbol, perfectamente deseñadas e estadios impecables, exactamente iguais aos reais.