KK FMP Železnik
- Este artigo é sobre o FMP Železnik orixinal (1991–2011). Para o actual equipo da KLS/ABA, véxase KK FMP.
KK FMP | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | KK ФMП |
Liga | KLS / ABA |
Fundación | 26 de marzo de 1975 |
Desaparición | 2015 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Železnik Hall |
Capacidade | 3.000 |
Inauguración | 1 de xuño de 1973 |
Campionatos | |
ABA Liga | 2 (2004, 2006) |
Copa | 4 (1997, 2003, 2005, 2007) |
kkfmp.ksb.rs |
O Košarkaški klub FMP (en serbio cirílico: KK ФMП), tamén denominado KK Železnik ou FMP Železnik, foi un club profesional de baloncesto cuxa sede estaba no barrio de Železnik, en Belgrado, Serbia. O FMP xogaba os seus encontros como local no Železnik Hall, un pavillón con capacidade para 3.000 espectadores. No ano 2015 desaparece o equipo, tomando o seu testemuño o KK Radnički Basket, que adopta o nome e o escudo do equipo, pasando a denominarse KK FMP Beograd.
Historia
[editar | editar a fonte]Década de 1970
[editar | editar a fonte]O club estableceuse baixo o nome de KK ILR Železnik o 26 de marzo de 1975 por iniciativa conxunta da compañía de maquinaria local Ivo Lola Ribar (ILR) e o consello de administración local de Železnik. Inicialmente, o club foi parte da Sociedade Deportiva Ivo Lola Ribar, que, ademais de baloncesto, contaba con equipos de fútbol, balonmán, voleibol, boxeo, birlos, tiro con arco e xadrez.
Nos seus modestos comezos, o club competiu na liga municipal de Belgrado, xogando os seus partidos como local na cancha descuberta de chan de cemento da escola primaria Braća Jerković. aínda que a liga municipal funcionaba durante o período de primavera-verán, o ILR Železnik tamén disputaba á liga de inverno de Belgrado co fin de manter o nivel de condición física até o comezo da seguinte tempada. O novo club foi ben recibido polos residentes do barrio de Železnik, que a miúdo enchían a pequena cancha, e mesmo facían viaxes para moitos partidos fóra de casa. Co tempo, como o interese no baloncesto creceu en toda a comunidade, e o club comezou a desenvolver un sistema para que puidesen participar mozos de tódalas idades.
Década de 1980
[editar | editar a fonte]Con máis experiencia no seu haber, o primeiro equipo do Železnik comezou a acadar notables resultados, avanzando o club dende as categorías inferiores. A mediados da década de 1980, chegou á liga provincial serbia. Con todo, o ascenso a un nivel máis alto supoñía tamén uns custos máis altos, e non se podían cubrir os gastos de alugueiro dun pavillón de baloncesto no que competir. Así, o ILR Železnik cesaría as súas actividades de baloncesto en 1986.
Década de 1990
[editar | editar a fonte]O club estivo basicamente inactivo até 1991, ano no que conseguiu reactivarse como "FMP Železnik", baixo a iniciativa da compañía siderúrxica "Fabrika metalnih proizvoda AD" (FMP), que se converteu na propietaria do club de facto. Case de inmediato, o club continuou onde o deixara en 1986, e tras unha tempada na Segunda Provincial gañouse o ascenso á Primeira Provincial. Na tempada 1994-95, o FMP chegou á Segunda División da liga Federal de Iugoslavia, o segundo nivel máis alto do baloncesto iugoslavo. Ese ano, nunha tempada memorable, conseguiron o primeiro posto da liga tan só perdendo catro encontros, gañando o ascenso ao máis alto da liga iugoslava.
Celebrando o seu vixésimo aniversario, Železnik comezou a tempada 1995-96 competindo contra equipos como o KK Crvena zvezda, KK Vojvodina, Beobanka, Bobanik, KK Lovćen, Mladost ou Gorstak no nivel máis alto do país. Amosando a madurez conseguida ao longo dos anos, o club terminou a tempada regular no terceiro lugar, gañando así a entrada á YUBA Super Liga onde, fronte os equipos máis potentes do país, arranxáronse para evitar o descenso finalizando en novena posición.
A tempada 1996-97 foi aínda máis exitosa, acabado no terceiro ligar e a primeira aparición nos playoffs na historia do club. Sorprendentemente para moitos, o Železnik chegaron á postempada cando se toparon co KK Partizan. Nunha serie ao mellor de cinco, os xogadores Železnik lograron dar a sorpresa no segundo encontro, gañando 82-76 fóra da casa, mais non conseguiron finalmente pasar a pesar de ter os dous seguintes partidos en casa. O Partizan gañarou a serie 3 xogos a 1. Con todo, ese ano chegou o seu primeiro título, ao gañar a Copa.
Década de 2000
[editar | editar a fonte]Aos comezos do milenio o club conseguiu os seus maiores éxitos en toda a súa historia, tras conseguir tres copas máis, en 2003, 2005 e 2007, e dúas Ligas do Adriático, en 2004 e 2006. Entre 2003 e 2005 o club chamouse KK Reflex, para pasar a chamarse finalmente KK FMP. En agosto de 2011 o equipo chega a un acordo co KK Crvena zvezda, de forma que o equipo compite co nome, escudo e cores do equipo de Belgrado durante cinco anos. O acordo estipulaba que todos o resultados do club, incluídos os trofeos, sería atribuídos ao Crvena zvezda. Tras o final do trato, o acordo estipulaba que o Crvena zvezda continuaría onde ficase o KK FMP. Finalmente, o pacto remata un ano antes do agardado. Mentres tanto, o KK Radnički Basket mudou o seu nome a KK FMP, poñendo a súa sede no mesmo enderezo que o FMP orixinal. Este club adoptou o nome e o modificou lixeiramente o escudo do FMP. O antigo club pasou entón a denominarse KK ILR, participando actualmente só en categorías xuvenís.
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Železnik Hall.
O Železnik Hall é o pavillón onde xogaba so seus encontros como local o FMP. A cancha de baloncesto ten tres niveis e unha área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga do Adriático: 2
- Copa de Serbia e Montenegro: 3
- Copa de Serbia: 1
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Nemanja Aleksandrov
Ognjen Aškrabić
Branko Cvetković
Zoran Erceg
Mile Ilić
Dragan Labović
Branko Jorović
Dušan Kecman
Branko Lazić
Milan Mačvan
Marko Marinović
Dejan Milojević
Veselin Petrović
Bojan Popović
Vuk Radivojević
Vladimir Radmanović
Miroslav Raduljica
Aleksandar Rašić
Duško Savanović
Aleksandar Smiljanić
Miloš Teodosić
Filip Videnov
Chris Warren
Reggie Freeman
Brandon Bowman
Guy Pnini
Predrag Samardžiski
Goran Bošković
Nikola Bulatović
Goran Nikolić
Luka Pavićević
Dejan Radonjić
Mladen Šekularac
Slavko Vraneš
Kimani Ffriend