Saltar ao contido

FS-1300

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bus FS-1300, coñecido tamén como LS-1300 e SSL-1300, é un tipo de bus para satélites fabricado por Space Systems Loral.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O bus FS-1300 está pensado principalmente para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria e estabilizados nos tres eixos, aínda que pode ser adaptado para outros usos. Está deseñado para proporcionar potencias de entre 5 e 12 kW e acomodar ata 70 transpondendores. A masa máxima ao lanzamento para este bus é de 5500 kg, podendo ser acollidos en cofias de 4 m de diámetro. Versións posteriores do bus (como o FS-1300S) permiten aumentar as súas capapacidades, aumentando a potencia ata os 18 kW e ata 90 a cantidade de transpondedores, todo cunha masa máxima de 6700 kg, pero sendo necesarias cofias de 5 m de diámetro.[1][2]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "FS-1300" (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Ford → Space Systems Loral (SSL): SSL-1300" (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]