Fabienne Courtiade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (54/55 anos) Villeneuve-Saint-Georges, Francia |
Actividade | |
Ocupación | gravadora |
Fabienne Courtiade, nada en Villeneuve-Saint-Georges, Val do Marne, en 1970, é unha deseñadora francesa, autora do anverso das moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fabienne Courtiade cursou estudos artísticos na Escola Superior de Artes e Industrias Gráficas Estienne (ESAIG), de París, e tamén acudiu á École Boulle, na mesma cidade. Acadou o certificado de aptitude profesional de Gravado Calcográfico en 1989 e posteriormente o diploma de oficios artísticos da École Etienne en 1991.[1]
En 1990, a Sociedade de Fomento das Artes Plásticas concedeulle o segundo premio de formación en oficios artísticos.[1]
Courtiade desempeñou entre 1990 e 1995 diversos traballos como independente no ámbito da calcografía, ao tempo que se formaba en deseño asistido por computador.[1]
En 1996 aprobou o curso de gravado da Monnaie de Paris e pasou a formar parte do cadro de gravadores da ceca pública francesa.[1] Nesa condición, Courtiade foi a autora de catro moedas conmemorativas do sistema do franco francés entre 1998 e 2001, e a partir dese ano encomendóuselle o deseño do anverso nacional francés común ás novas moedas due un, de dous e de cinco céntimos de euro, que comezaron a cuñarse a partir de 2002.[1][4]
A partir dese momento, Courtiade converteuse nunha prolífica creadora de moedas conmemorativas cuñadas pola Monnaie de Paris, con máis de 60 modelos da súa autoría.[1][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Le concours de dessin pour les pièces de l'euro". Monnaises-rares.com
- ↑ "5 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "50 Euro Berlin Wall". Numista.com
- ↑ 4,0 4,1 Moedas creadas por Fabienne Courtiade. Numista.com