Factor intrínseco
CBLIF | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. 11 q12.1 | ||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
O factor intrínseco (IF), factor intrínseco que se une á cobalamina,[1] ou factor intrínseco gástrico (GIF) é unha glicoproteína producida no estómago humano polas células parietais ou no estómago de ratos polas células principais. É un factor necesario para a absorción da vitamina B12 no íleo distal do intestino delgado.[2] Nos humanos a proteína factor intrínseco gástrico está codificada polo xene CBLIF do cromosoma 11.[1] A haptocorrina (transcobalamina I) é outra glicoproteína segregada polas glándulas salivares que se une á vitamina B12. A vitamina B12 é sensible aos ácidos e ao unirse á haptocorrina pode pasar indemne a través do ambiente ácido do estómago e chegar ao duodeno.[3]
No ambiente menos ácido do intestino delgado, primeiro os encimas pancreáticos dixiren a glicoproteína transportadora da vitamina B12 haptocorrina, polo que a vitamina queda libre e pode agora unirse ao factor intrínseco.[3] Este novo complexo é despois absorbido por endocitose polas células epiteliais (enterocitos) do íleo.[3] Dentro das células, a vitamina B12 disóciase de novo e únese a outra proteína, a transcobalamina II; o novo complexo pode entón saír dos enterocitos e ser transportada ao fígado.[4]
Sitio de secreción
[editar | editar a fonte]O factor intrínseco segrégano as células parietais da mucosa do estómago humano, polo que está presente no zume gástrico e na mucosa gástrica.[5] O pH óptimo para esta acción é de aproximadamente 7.[6] A súa concentración non se correlaciona coa cantidade de ácido clorhídrico ou pepsina do zume gástrico; por exemplo, o factor intrínseco pode estar presente mesmo cando a pepsina está practicamente ausente.[7] O sitio de formación do factor intrínseco varía en diferentes especies. En porcos obtense do píloro e parte inicial do duodeno;[8] en seres humanos atópase no fondo e no corpo do estómago.[9]
A cantidade limitada de factor intrínseco gástrico humano normal limita a eficiencia de absorción normal de vitamina B12 a uns 2 μg por comida, unha captación nominalmente adecuada de vitamina B12.[10]
Insuficiencia
[editar | editar a fonte]Na anemia perniciosa, que adoita ser unha enfermidade autoinmune, os autoanticorpos xerados dirixidos contra o factor intrínseco ou as propias células parietais orixinan unha deficiencia de factor intrínseco, unha mala absorción de vitamina B12 e anemia megaloblástica.[11] A gastrite atrófica pode tamén causar deficiencia de factor intrínseco e anemia por danos nas células parietais da parede estomacal.[12] A insuficiencia pancreática exócrina pode interferir coa disociación normal de vitamina B12 das proteínas ás que está unida no intestino delgado, impedindo a súa absorción por medio da formación dun complexo persistente co factor intrínseco.[13] Outros factores de risco que contribúen á anemia perniciosa son calquera cousa que dane ou elimine unha parte das células parietais da parede gástrica, como a cirurxía bariátrica, tumores gástricos ou úlceras gástricas.[14]
As mutacións no xene que codifica o factor intrínseco son responsables dunha rara doenza herdable chamada deficiencia de factor intrínseco,[15] que ten como resultado a mala absorción de vitamina B12.[16]
Tratamento
[editar | editar a fonte]Na maioría dos países utilízanse inxeccións intramusculares de vitamina B12 para tratar a anemia perniciosa.[17] Administrada oralmente a vitamina B12 sen a presenza de factor intrínseco só se absorbe a un nivel de menos do 1% do que se absobería con factor intrínseco.[18] Malia as pequenas cantidades absorbidas, a terapia oral de vitamina B12 é efectiva para reducir os síntomas da anemia perniciosa.[19] A vitamina B12 pode tamén administrarse por vía sublingual, pero non hai evidencias de que esta ruta de administración sexa superior á ruta oral,[20] e só no Canadá e Suecia se prescribe esta vía de administración de rutina.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "CBLIF - Cobalamin binding intrinsic factor precursor - Homo sapiens (Human) - CBLIF gene & protein". www.uniprot.org (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2022.
- ↑ Pocock G, Richards C (2006). Human Physiology: The Basis of Medicine (3ª ed.). Oxford University Press. p. 230. ISBN 978-019-856878-0.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Fedosov SN (2012). "Physiological and molecular aspects of cobalamin transport". Water Soluble Vitamins. (review). Subcellular Biochemistry 56. pp. 347–67. ISBN 978-94-007-2198-2. PMID 22116708. doi:10.1007/978-94-007-2199-9_18.
- ↑ Alpers DH, Russell-Jones G (maio de 2013). "Gastric intrinsic factor: the gastric and small intestinal stages of cobalamin absorption. A personal journey". (review). Biochimie 95 (5): 989–94. PMID 23274574. doi:10.1016/j.biochi.2012.12.006.
- ↑ Sharma, K.N. (2016). "Gastrointestinal System". En Talwar, G.P.; Hasnain, Seyed E.; Sarin, Shiv Kumar. Textbook Of Biochemistry, Biotechnology, Allied And Molecular Medicine. (secondary) (4ª ed.). PHI Learning Private Limited. p. 632. ISBN 978-81-203-5125-7.
- ↑ Shum HY, O'Neill BJ, Streeter AM (1971). "Effect of pH changes on the binding of vitamin B12 by intrinsic factor". Journal of Clinical Pathology 24 (3): 239–43. PMC 476962. PMID 5103294. doi:10.1136/jcp.24.3.239.
- ↑ Poliner IJ, Spiro HM, Pask BA, Trocchio N (1958). "The independent secretion of acid, pepsin, and intrinsic factor by the human stomach". (primary). Gastroenterology 34 (2): 196–209. PMID 13512593. doi:10.1016/S0016-5085(58)80102-X.
- ↑ Heatley NG, Florey H, Turnbull A, Jennings MA, Watson GM, Wakisaka G, Witts LJ (1954). "Intrinsic factor in the pyloric and duodenal secretions of the pig". (primary). Lancet 267 (6838): 578–80. PMID 13193076. doi:10.1016/S0140-6736(54)90355-4.
- ↑ Howard TA, Misra DN, Grove M, Becich MJ, Shao JS, Gordon M, Alpers DH (1996). "Human gastric intrinsic factor expression is not restricted to parietal cells". (primary). Journal of Anatomy 189 (Pt 2): 303–13. PMC 1167747. PMID 8886952.
- ↑ Watanabe F (novembro de 2007). "Vitamin B12 sources and bioavailability". (review). Experimental Biology and Medicine 232 (10): 1266–74. PMID 17959839. doi:10.3181/0703-MR-67.
- ↑ Osborne D, Sobczyńska-Malefora A (2015). "Autoimmune mechanisms in pernicious anaemia & thyroid disease". (review). Autoimmunity Reviews 14 (9): 763–8. PMID 25936607. doi:10.1016/j.autrev.2015.04.011.
- ↑ Neumann WL, Coss E, Rugge M, Genta RM (2013). "Autoimmune atrophic gastritis--pathogenesis, pathology and management". (review). Nature Reviews. Gastroenterology & Hepatology 10 (9): 529–41. PMID 23774773. doi:10.1038/nrgastro.2013.101.
- ↑ Guéant JL, Champigneulle B, Gaucher P, Nicolas JP (1990). "Malabsorption of vitamin B12 in pancreatic insufficiency of the adult and of the child". (review). Pancreas 5 (5): 559–67. PMID 2235967. doi:10.1097/00006676-199009000-00011.
- ↑ "What Causes Pernicious Anemia?". National Heart, Lung, and Blood Institute. 1 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2016.
- ↑ "Intrinsic factor deficiency | Genetic and Rare Diseases Information Center (GARD) – an NCATS Program". rarediseases.info.nih.gov. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 02 de maio de 2023.
- ↑ Kozyraki R, Cases O (2013). "Vitamin B12 absorption: mammalian physiology and acquired and inherited disorders". (review). Biochimie 95 (5): 1002–7. PMID 23178706. doi:10.1016/j.biochi.2012.11.004.
- ↑ 17,0 17,1 Shipton MJ, Thachil J (2015). "Vitamin B12 deficiency - A 21st century perspective". (review). Clinical Medicine 15 (2): 145–50. PMC 4953733. PMID 25824066. doi:10.7861/clinmedicine.15-2-145.
- ↑ Alpers DH (marzo de 2005). "What is new in vitamin B(12)?". (review). Current Opinion in Gastroenterology 21 (2): 183–6. PMID 15711210. doi:10.1097/01.mog.0000148331.96932.44.
- ↑ Andrès E, Fothergill H, Mecili M (2010). "Efficacy of oral cobalamin (vitamin B12) therapy". (review). Expert Opinion on Pharmacotherapy 11 (2): 249–56. PMID 20088746. doi:10.1517/14656560903456053.
- ↑ Sharabi A, Cohen E, Sulkes J, Garty M (2003). "Replacement therapy for vitamin B12 deficiency: comparison between the sublingual and oral route". (primary). British Journal of Clinical Pharmacology 56 (6): 635–8. PMC 1884303. PMID 14616423. doi:10.1046/j.1365-2125.2003.01907.x.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Devalia V, Hamilton MS, Molloy AM (agosto de 2014). "Guidelines for the diagnosis and treatment of cobalamin and folate disorders". (review). British Journal of Haematology 166 (4): 496–513. PMID 24942828. doi:10.1111/bjh.12959.
- Coati I, Fassan M, Farinati F, Graham DY, Genta RM, Rugge M (novembro de 2015). "Autoimmune gastritis: Pathologist's viewpoint". (review). World Journal of Gastroenterology 21 (42): 12179–89. PMC 4641135. PMID 26576102. doi:10.3748/wjg.v21.i42.12179.
- Quadros EV (xaneiro de 2010). "Advances in the understanding of cobalamin assimilation and metabolism". (review). British Journal of Haematology 148 (2): 195–204. PMC 2809139. PMID 19832808. doi:10.1111/j.1365-2141.2009.07937.x.
- Christensen EI, Nielsen R, Birn H (febreiro de 2013). "From bowel to kidneys: the role of cubilin in physiology and disease". (review). Nephrology, Dialysis, Transplantation 28 (2): 274–81. PMID 23291372. doi:10.1093/ndt/gfs565.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Intrinsic factor Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- MedlinePlus Encyclopedia 002381
- Relación de toda a información estrutural dispoñible en PDB para UniProt: P27352 (Cobalamin binding intrinsic factor) en PDBe-KB.