Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | facultade ![]() | |||
Parte de | Universidade de Santiago de Compostela ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
Localización | Campus Vida ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela é un centro educativo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se imparte o Grao en Ciencias Políticas e da Administración e o programa de doutoramento Procesos Políticos Contemporáneos.
Obxectivos da licenciatura
[editar | editar a fonte]A licenciatura ten como obxectivos proporcionar uns amplos coñecementos en materias que permitan analizar os procesos e estruturas políticas e administrativas contemporáneas que capaciten para poder desenvolver funcións de responsabilidade de xestión media ou alta nas administracións públicas do estado así como en organizacións de carácter internacional.
Orientacións
[editar | editar a fonte]Está estruturado en catro cursos académicos e conta con tres plans de orientación distintos: Ciencia Política, Administración Pública e Estudos Internacionais. Entre as liñas de investigación dos seus docentes destaca a de estudos políticos, nacionalismo, cooperación internacional e estudos de xénero.