Saltar ao contido

Facultade de Veterinaria de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facultade de Veterinaria de Lugo
Tipofacultade Editar o valor en Wikidata
Parte deUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°59′40″N 7°32′49″O / 42.99457119, -7.54683308
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Lugo
ConcelloLugo Editar o valor en Wikidata
Localizacióncampus de Lugo Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBusc.gal… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Facultade de Veterinaria, é un centro pertencente a Universidade de Santiago de Compostela sito no Campus Universitario de Lugo, no que actualmente se imparte tanto a diplomatura coma o grao de Veterinaria, así como diferentes masters.

Este centro estableceuse na USC pola Lei de Presupostos de 1881 e creada en 1882. Nun principio tiña como nome Escola Especial de Veterinaria e as súas instalacións tíñaas no antigo Seminario de San Clemente, onde se mantivo durante 33 anos, ata 1915. EN 1913 trasladouse a unhas instalacións rematadas pouco tempo antes, onde na actualidade se atopa o Parlamento Galego, onde permaneceu ata a súa desaparición en 1924, debido á falta de alumnos e ás accións das denominadas Juntas de Reforma que propuxeron diversos proxectos acerca das ensinanzas veterinarias en todo o Estado, un dos cales era a redución do número de Escolas. Este campo de estudo fundamental para o agro galego quedaría deserto durante 59 anos.

En 1973 creouse o actual centro, continuador da vella Escola Especial de Veterinaria pero cun espírito e compromiso totalmente diferentes. Nun principio tiña unha gran dependencia da Universidade de León, onde o alumnado tiña que completar os estudos de primeiro ciclo realizados en Lugo, pero a facultade creceu rapidamente chegando a ser un dos principais centros de estudos veterinarios do Estado, e con recoñecemento europeo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]