Saltar ao contido

Fagundo e Primitivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fagundo»)
Modelo:BiografíaFagundo e Primitivo
Biografía
Grupodupla (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fagundo (León, século III - Sahagún, 27 de novembro de 304)
Primitivo (León, século III - Sahagún, 27 de novembro de 304) Editar o valor en Wikidata
NacementoSéculo IV
Gallaecia
MorteSéculo IV
Sahagún, León
RelixiónCristianismo
Día de festividade relixiosa27 de novembro Editar o valor en Wikidata

San Fagundo[1] e San Primitivo viviron durante o século IV, na Gallaecia asturicense.[1] Eran fillos do centurión san Marcelo e irmáns xemelgos.[1] Os tres foron mártires durante os tempos do emperador romano Marco Aurelio.[1] Adoitan considerarse uns dos santos máis antigos do culto hispánico.[1] Do nome de San Fagundo deriva o nome da vila leonesa de Sahagún.[1]

Retablo relicario de San Fagundo e San Primitivo, na catedral de Ourense.

Os datos históricos sobre estes mártires son confusos debido a que supostamente viviron entre os séculos III e IV. Crese que san Marcelo e santa Nonia eran os pais destes dous irmáns que viviron nos arredores do río Cea, situado na actual provincia de León.

Os testemuños conservados sobre a data do seu martirio difiren, dado que O Breviario de Sahagún dita que os feitos sucederon durante o reinado de Marco Aurelio entre os anos 161 e 180, cando Ático era cónsul en Hispania. Con todo un pergamiño do século XI sitúa o martirio no século III sendo cónsules en Hispania, Ático e Pretextato.[2]

Todos os testemuños recolleitos sobre o seu martirio concordan en que un día, o cónsul Ático, da gornición romana de Cea, mandou publicar un edicto polo cal todos os moradores daquelas comarcas debían ofrecer sacrificio a un famoso ídolo romano. Ao negarse os dous irmáns, dicindo que profesaban a relixión de Xesucristo, foron encarcerados. Os seus corpos foron guindados ao río. Enterráronos no mesmo lugar en que os atoparon e nel, máis tarde, haberían de edificarse o Mosteiro de san Fagundo e Primitivo, pertencente á Orde dos Bieitos, e a vila de Sahagún. Segundo a primeira Crónica anónima de Sahagún hai dous feitos haxiográficos. O primeiro é o martirio dos santos, e o segundo móstranos a liberación dun prisioneiro, por parte de Fagundo, nos tempos difíciles que seguiron a morte de Afonso VI.

Dende 1835, coa Desamortización, as súas reliquias pasaron a seren custodiadas na Igrexa de San Xoán de Sahagún, na citada vila, e tamén en Ourense.[3][4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-03. 
  2. Cuenca Coloma, Juan Manuel (1993). Sahagún: monasterio y villa, 1085-1985. Estudio Agustiniano. 
  3. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-04. 
  4. Ríos Rodríguez (2001), p. 269 (citado na nota 44).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ríos Rodríguez, María Luz (2001). "Capillas y capellanías en la ciudad de Ourense según el memorial-tumbo de 1849". En Balboa López, Xesús; Pernas Oroza, Herminia. Entre nós: estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Interecambio científico da Universidade. ISBN 84-8121-969-X.