Faina Melnik
(década de 1970) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1945 Bakota, Ucraína (en) |
Morte | 16 de decembro de 2016 (71 anos) Moscova, Rusia |
Lugar de sepultura | Cemitério Troyekurovskoye (pt) |
Educación | Moscow State University of Medicine and Dentistry (en) |
Altura | 174 cm |
Peso | 88 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Lanzamento de disco |
Participou en | |
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 |
Familia | |
Cónxuxe | Velko Velev |
Premios | |
Faina Grigorievna Veleva-Melnik (en ruso: Фаина Григорьевна Велева-Мельник; en ucraíno: Фаїна Григорівна Велєва-Мельник), nada en Bakota o 9 de xuño de 1945 e finada en Moscova o 16 de decembro de 2016, foi unha lanzadora de disco soviética, campioa olímpica en 1972. Durante a súa carreira estableceu once récords mundiais.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Melnik era xudía e naceu en Bakota, Ucraína.[2] Nos Xogos Olímpicos de 1972 rompeu tres veces o récord mundial, establecéndoo en 66,62 metros. Xa batera o récord do mundo nos Campionatos Europeos de Atletismo de 1971, representando á Unión Soviética.[3] En 1976 realizou o seu mellor lanzamento con 70,50 m, mais só puido acabar cuarta nos Xogos Olímpicos de 1976. Neses xogos tamén competiu en lanzamento de peso, finalizando décima. Nos seguintes Xogos non conseguiu chegar á final de disco.[1]
Continuou a lanzar despois do Xogos, conseguindo o récord do mundo máster na división W35, que segue en vigor desde 1980.[4]
Melnik graduouse na Universidade Estatal de Moscova de Medicina e Odontoloxía e posteriormente traballou como dentista e adestradora de atletismo en Moscova. Entre as súas pupilas estiveron Natalya Lisovskaya e Svetlana Krivelyova. Melnik casou con Velko Velev, lanzador de disco búlgaro que tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 e 1980.[1]
Serviu de inspiración para Miss Trunchbull no conto infantil Matilda, de Roald Dahl.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Faina Melnik. Sports-reference.com.
- ↑ 2,0 2,1 Taylor, Paul (2004). Jews and the Olympic Games: The Clash Between Sport and Politics : with a Complete Review of Jewish Olympic Medallists. Sussex Academic Press. pp. 236–. ISBN 978-1-903900-87-1.
- ↑ "Soviet Woman Sets World Discus Mark". New York Times. 13 de agosto de 1971. Consultado o 26 de marzo de 2022.
- ↑ Records Outdoor Women Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. world-masters-athletics.org
- ↑ "16 Seemingly Competent Movie Villains Who Were Foiled By Kids". Ranker.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faina Melnik |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados na rexión de Khmelnytskyi
- Nados en 1945
- Finados en 2016
- Atletas olímpicos da Unión Soviética
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1972
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1980
- Lanzadores de disco
- Lanzadores de peso
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética