Fajr
Aparencia
Fajr | |
---|---|
Tipo | Experimental |
Organización | Iran Electronics Industry |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 2 de febreiro de 2015, 8:50 GMT[1][4][5] |
Foguete portador | Safir 1BM[1][3] |
Sitio de lanzamento | Semnan[1][2] |
Obxectivo da misión | Experimental.[1][2] |
Decaemento | 26 de febreiro de 2015[4] |
NSSDC ID | 2015-006A |
Masa | 52 kg[1][2][3] |
Dimensións | Prisma de 49 cm x 35 cm[1][2][3] |
Fajr foi un satélite de comunicacións iraniano lanzado o 2 de febreiro de 2015 mediante un foguete Safir 1B desde o Semnan.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Fajr (significando aurora) foi o cuarto satélite iraniano en chegar a órbita. Tratábase dun satélite experimental cunha masa de 52 kg e con forma de prisa de seis lados, cunha altura de 49 cm e un ancho de 35 cm. Levaba a bordo un sistema de propulsión de gas frío e unha cámara cunha resolución de 500 m. O satélite reentrou na atmosfera terrestre o 26 de febreiro de 2015.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (27 de febreiro de 2020). "Fajr" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2020). "Fajr" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Fajr" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "FAJR" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Farj" (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2020.