Saltar ao contido

Falconsat 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falconsat 7
TipoTecnolóxico
FabricanteAcademia da Forza Aérea dos Estados Unidos
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Data de lanzamento25 de xuño de 2019[1]
Foguete portadorFalcon Heavy[2]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónProbas tecnolóxicas.[2]
NSSDC ID2019-036J
Masa5 kg[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6902 km[1]
Inclinación28,5º[1]
Apoapse753,4 km[1]
Periapse309,0 km[1]

Falconsat 7 é un satélite artificial estadounidense lanzado o 25 de xuño de 2019 mediante un foguete Falcon Heavy desde Cabo Cañaveral.[2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Falconsat 7 é un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. A súa misión é probar un telescopio solar coa tecnoloxía óptica do colador de fotóns, co que se converte no primeiro telescopio espacial de membrana. A óptica do telescopio ten 20 cm de diámetro e consiste nunha membrana opaca con millóns de pequenos buratos para, media difracción, producir unha imaxe do Sol na lonxitude de onda do hidróxeno alfa (656,3 nanómetros). O satélite está formado por un cubesat de tres unidades e ten unha masa de 5 kg.[2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "FALCONSAT-7" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "FalconSat 7 (Peregrine, DOTSI)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Mark Wade (2020). "FalconSat" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]