Falmouth RFC
Aparencia
Fundación | 1873 |
---|
O Falmouth RFC é un club de rugby córnico da localidade de Falmouth. O equipo disputa os seus partidos como local en Recreation Ground. Foi fundado en 1873 e tivo un éxito moderado ao longo da súa historia, aportando dous xogadores á Selección de rugby de Inglaterra: E.J. "John" Jackett e Jim George.
O 24 de novembro de 1926 Cornualla xogou contra o que era considerado o mellor equipo de rugby Nova Zelandia Māori Rugby en Falmouth RFC, con triunfo córnico por 6 a 3.
O club compite actualmente na liga Tribute Cornwall/Devon.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cornualla |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Salmon, Tom (1983). The First Hundred Years - The Story of Rugby in Cornwall. Cornwall RFU.