Fanny Cochrane Smith
Biografía | |
---|---|
Nacemento | decembro de 1834 Illa Flinders, Australia |
Morte | 24 de febreiro de 1905 (70 anos) Port Cygnet, Australia (en) |
Causa da morte | pneumonía |
Fanny Cochrane Smith, nada cara ao 1834 e finada o 24 de febreiro de 1905, foi unha aborixe tasmaniana, a primeira en nacer tralo traslado da poboación indíxena de Tasmania a Wybalena, na Illa Flinders. É famosa polas súas gravacións de cancións aborixes en cilindros de fonógrafo, que representan as únicas gravacións sonoras dunha lingua tasmaniana.
Tivo 11 fillos e unha porcentaxe alta da poboación aborixe actual de Tasmania é descendente súa. Existe algunha polémica sobre a data exacta da súa morte e se foi ela ou Truganini a derradeira aborixe de ascendencia totalmente indíxena. Morreu de pneumonía e pleurite o 24 de febreiro de 1905, en Port Cygnet.
A gravación das cancións de Smith serviu de inspiración ó cantante australiano de folk Bruce Watson, que escribiu "O home e a muller e o fonógrafo de Edison".[1] O avó de Watson, chamado Horace, colaborara na gravación de Fanny Cochrane Smith, e no museo nacional de Australia atópase unha fotografía de Watson con ela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Musicological Society of Australia". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 02 de abril de 2012.