Faro de Fisterra
Datos xerais | |
---|---|
Localización xeográfica | Cabo Fisterra |
Localización municipal | Fisterra, Provincia da Coruña |
Construción | 1853 |
Datos técnicos | |
Código internacional | D-1742 |
Descrición | Torre octogonal de perpiaño con balcón e casa |
Altura sobre o nivel do mar | 143 metros |
Altura sobre o terreo | 17 metros |
Características | D B 5 seg. |
Período | 0,3 +4,7 = 5 seg. |
Alcance | 23 millas náuticas (43 km.) |
O faro de Fisterra é un faro situado no cabo Fisterra construído en 1853.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A torre é de cantería e base octogonal, de 17 metros de alto cunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. A bóveda ten unha lanterna poligonal. A súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 23 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente.
O feito de que esta punta fose o Finis Terrae para os antigos fixo que nacesen sobre ela unha serie de lendas. Malia a existencia do faro, a zona foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando afundiu o Monitor Captain, levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.
- Sánchez García, Jesús Ángel (2004). Faros de Galicia (en castelán). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-38-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mapa dos faros e balizas Autoridade Portuaria da Coruña.
- Listaxe de balizamentos das costas atlánticas españolas (en inglés)