Faro de Punta Candeeira
Faro de Punta Candieira | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Localización | |
Concello | Punta Candieira, Cedeira |
Construción | 1929 |
Datos técnicos | |
Cód. internacional | D-1687 |
Descrición | Torre octogonal e casa |
A.S.N.M. | 89 metros |
Altura sobre o terreo | 9 metros |
Características | GpD(3+1)B 24s |
Alcance | 21 millas náuticas |
O faro de punta Candeeira é un faro situado en punta Candieira, no concello de Cedeira, na provincia da Coruña Galicia. O faro xestiónao a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Ten 9 metros de altura.
Historia
[editar | editar a fonte]O 11 de maio de 1908 o presidente da Liga Marítima Española solicitou un estudo para instalar un faro no Cabo Ortegal. A Comisión de Faros aprobou o 15 de xaneiro de 1912 “que o novo faro, recollido no Plan de Iluminación, situárase en Punta Candeeira”. Proxectouse en 1929 e rematouse en 1933, pero non se inaugurou ata principios de 1954 debido ás discusións sobre a conveniencia da localización exacta.[1]
En 1930, varias organizacións solicitaron retirar o faro de Punta Candeeira e instalar un faro de 60 millas de alcance e unha estación de localización no cabo Ortegal. A petición non tivo éxito e cambiouse a característica esperada a grupos de 3 e 1 lampos brancos. No ano 2004 rehabilitáronse a fachada e as fiestras do edificio do faro e construíuse un novo garaxe.
No ano 2005 instalouse unha estación base (AIS) e en 2008 renovouse o sistema de supervisión remota, que envía os datos por ADSL ao Centro de Control, na Autoridade Portuaria de Ferrol.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sara Martins (31 de xullo de 2015). "Punta Candieira, el fin del mundo". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de maio de 2015.
- ↑ "El sistema AIS". El Faro de Luisu. Consultado o 27 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- M.A. Sanchez Terry: Faros do Océano; MOPU.