Saltar ao contido

Faustino Ande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFaustino Ande
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1868 Editar o valor en Wikidata
Caldas de Reis, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de febreiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

Faustino Ande García nado en Caldas de Reis o 3 de setembro de 1868 e finado en Vigo o 13 de febreiro de 1950 foi un sacerdote que tamén realizou algúns traballos literarios.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira eclesiástica

[editar | editar a fonte]

Seus pais eran modestos comerciantes da vila termal. Ingresou aos 13 anos no seminario de Santiago, onde cursou toda a súa formación eclesiástica. O 17 de setembro de 1892 recibiu a ordenación de presbítero e a súa primeira misa o 27 do mesmo mes.

En febreiro de 1893 foi nomeado capelán do Hospicio de Santiago; exerceu o cargo ata agosto de 1895 no que foi designado coadxutor da parroquia de San Xurxo da Coruña. Obtivo o grao de Licenciado en Teoloxía e Dereito Canónico. En outubro de 1896 trasládase á diocese tudense, onde foi nomeado vicerreitor e profesor de Lugares Teolóxicos e Historia Eclesiástica do Seminario de Tui, e en marzo de 1901 ocupa o posto de ecónomo da parroquia de Santa María de Vigo, da que tomou posesión definitiva como abade o 15 de decembro de 1904. En 1905 foi nomeado arcipreste da cidade de Vigo e do Val de Fragoso.

Nos 49 anos que permaneceu á fronte da parroquia de Santa María converteuse en testemuña e protagonista da historia viguesa. Entre outros actos salientables foi o encargado de bendicir o estadio de Balaidos na súa inauguración en 1928.[1]

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

Como alumno do seminario de Santiago nas festas de San Tomé de 1891 e 1892 recitáronse poesías súas, tanto en castelán como en galego. En 1907 escribe a letra da muiñeira Mozos e mozas á que puxo música o organista de Santa María, José Torres Creo.[2] Esta obra estreouna o orfeón do Círculo Católico de Vigo, entidade da que firmara a acta fundacional en 1904 o propio Ande xunto a outros socios. En 1909 promoveu a subscrición popular para a compra dun novo órgano para a igrexa, que vai construír o organista Lope Alberdi,[3] instrumento que levantou grande expectación na época e que se expuxo na Exposición Rexional de 1909 en Santiago de Compostela. En 1910 nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1942, ano en que conmemorou as súas vodas de ouro sacerdotais, como proba de afecto e premio ao seu intenso labor realizado durante tanto tempo, o Concello nomeouno fillo adoptivo de Vigo.[1]

  1. 1,0 1,1 CALDASDEREISYSALGADO (13 de xaneiro de 2022). "El sacerdote caldense Faustino Ande, testigo y protagonista de la historia viguesa. Bendijo el estadio de Balaídos el día de su inauguración en 1928". caldasdereisysalgado.wordpress.com (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2023. 
  2. Abreu Fernández 2002, p. 47
  3. "Lope Alberdi Recalde". museovirtualdelorgano.com (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2023. 
  4. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]