Saltar ao contido

Faustino Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFaustino Rey
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Isorna, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1086562 BUSC: rey-romero-faustino-1921-1971

Faustino Rey Romero, nado na Lagarteira-Sestelo (Isorna, Rianxo), o 27 de outubro[1] de 1921 e finado en Buenos Aires o 20 de decembro de 1971, foi un sacerdote e escritor galego.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Latín e Humanidades no convento de Herbón e seguiu a carreira eclesiástica no seminario San Fernando, en Ourense. O bispado de Ourense ordenou que abandonase o seminario debido ao seu carácter “revolucionario” e finalizou os seus estudos no seminario diocesano de Tui. Ordenouse sacerdote en 1948 e licenciouse en Teoloxía pola Universidade de Salamanca.[1]

En 1949 foi destinado a Cela e Tameiga, en Mos; e Barcela, en Arbo e tivo problemas coa Falanxe por negarse a dicir unha misa por Primo de Rivera. Foi párroco en dúas freguesías do Baixo Miño, Amorín e Currás, no concello de Tomiño. Problemas co bispado pola súa conduta antifranquista e crítica co celibato sacerdotal e a hipocrisía do clero levárono a trasladarse de volta á súa parroquia natal. En 1956 embarcouse como capelán de migración cara a Venezuela e Cuba, durante un tempo.[1]

Fundou en Catoira en 1961 o Ateneo Ullán, que sería cerne da Romaría Viquinga de Catoira. Tamén participou na creación do Premio Pedrón de Ouro. Rey Romero non era cómodo para a xerarquía eclesiástica: tiña fillos que o trataban de pai e non de padre nin tío, sen escándalos dos fregueses, pero si da xerarquía. Crego progresista da liña do Concilio Vaticano II e defensor do idioma galego na liturxia e na escrita, o seu estilo de vida e crenzas derivarían en problemas co bispado. Logo de ser forzado a un desterro voluntario, trasladouse a Buenos Aires en 1966, onde exerceu na parroquía de Balbanera e onde morreu en 1971 aos 50 anos de idade, nun confuso suceso: accidente, asasinato ou suicidio. Desde 1987 descansa no cemiterio de Isorna.[4]

Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Sociedade Mariolóxica Mater Ecclesiae de Braga.

Colaborou na revista Alba, no Faro de Vigo e en La Nación de Bos Aires, ademais de facelo en El Pueblo Gallego de Vigo e Lar de Bos Aires.[5]

Usou o pseudónimo Fausto de Isorna.[6]

En 2015 Xosé Ricardo Losada publicou Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (Vigo: Xerais), biografía completa.[7]

  • Teoría general de la existencia (1968).
  • El trasmundo en la poesía de Noriega Varela.
  • Una fiesta brillante de las letras gallegas: los Juegos Florales de Tui en 1891.
  • Florilegio poético (1949). Prologado polo poeta catalán Miguel Melendres.
  • Doas de vidro (1951). Prólogo de Vitoriano Taibo e ilustracións de Xesús Rodríguez Otero. Tui: Tip. Rexional.
  • Catro sonetos ó destino dunha rosa (1952). Tui: Tip. Rexional.
  • Escolanía de melros (1959). Porriño: Gráficas Bolfer. 2ª ed., Bos Aires, Nós, 1970. Prólogo de Francisco Luis Bernárdez.
  • Poema das materias sagras (1960). Porriño: Gráficas Bolfer. A segunda edición foi premio Pedrón de Ouro en 1964.
  • El ángel descielado (1961). Composto polos poemas que apareceran previamente na revista bonaerense Lar en 1954 e 1955.
  • La angustia ensanchada en el Templo Místico (1964). Braga.
  • Faustino Rey Romero (1985). Edición de Carmén García e Xesús Santos. Rianxo. 255 páxs. ISBN 84-505-2866-6.

A poesía de Rey Romero ten unha especial tenrura franciscana. Do seu libro Poema das materias sagras di Méndez Ferrín:

... semella próximo á poesía católica de Paul Claudel e presenta unha excelente tersura formal e unha ousadía, por veces grande, na creación de imaxes e relacións culturais.

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

O concello de Rianxo convoca dende 1998 o Premio Faustino Rey Romero na súa honra. Nos arredores da Casa da República (Isorna, Rianxo) erixiuse un monólito no seu recoñecemento.[8]

Manuel Rivas homenaxea a súa figura en O lapis do carpinteiro.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biografía – Faustino Rey Romero". faustinoreyromero.gal. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-02-07. 
  2. "Faustino Rey Romero Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-02-07. 
  3. García, Xosé Lois. "Faustino Rey Romero, no seu centenario (1921-2021)". Nós Diario. Consultado o 2022-02-07. 
  4. "Faustino Rey Romero - O Mar Feito Tradición - rianxo". omarfeitotradicion.gal. Consultado o 2022-02-07. 
  5. "Diccionario de escritores/as do Barbanza- Asociación Barbantia". www.barbantia.es. Consultado o 2022-02-07. 
  6. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: r". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-07. 
  7. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-02-07. 
  8. "Rianxo rendeulle homenaxe a Faustino Rey Romero, un cura rompedor e incomprendido". La Voz de Galicia. 2021-12-19. Consultado o 2022-02-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]