Febre do ouro
Unha febre do ouro é un descubrimento de ouro, ás veces acompañado por outros metais preciosos e minerais de terra raros, que atraen a un bo número de mineiros que buscan a súa fortuna. As febres do ouro máis importante tiveron lugar no século XIX en Australia, Nova Zelandia, o Brasil, o Canadá, Suráfrica e os Estados Unidos de América.
A riqueza que xurdía era distribuída amplamente polos reducidos custos das migracións e escasas barreiras para acceder á súa extracción. Malia que a minaría de ouro non foi proveitosa para a maioría de mineiros e donos de minas, algunhas persoas chegaron a xuntar grandes fortunas, e os mercadores e transportistas obtiveron grandes beneficios. O aumento resultante na subministración mundial de ouro estimulou o comercio e os investimentos mundiais. Numerosos historiadores describiron a migración, o comercio, a colonización e a historia ambiental asociada coas acometidas do ouro.[1] As febres do ouro remóntanse até o Imperio Romano, cuxa minaría foi descrita por Diodoro Sículo e por Plinio o Vello, e probablemente sexan aínda máis antigas, remontándose ó Antigo Exipto.
Industria mineira contemporánea
[editar | editar a fonte]Existen entre 10 e 30 millóns de mineiros a pequena escala en todo o mundo segundo "Communities and Small-Scale Mining" (CASM). Arredor de 100 millóns de persoas dependen directa ou indirectamente da minaría a pequena escala. Só na República Democrática do Congo hai entre 800 000 e 1,5 millóns de mineiros artesanais, en Serra Leoa entre 350 000 e 650 000, e entre 150 000 e 250 000 en Ghana.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reeves, Keir; Frost, Lionel; Fahey, Charles (2010). "Integrating the Historiography of the Nineteenth-Century Gold Rushes". Australian Economic History Review 50 (2): 111. doi:10.1111/j.1467-8446.2010.00296.x.
- ↑ Soaring prices drive a modern, illegal gold rush, New York Times, 14 de xullo de 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Febre do ouro |