Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial
Aparencia
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1993 |
Sede | Cambados |
País | Galicia |
Na rede | |
https://culturmar.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial é un organismo que agrupa ás entidades e persoas interesadas na recuperación e desenvolvemento da navegación tradicional en Galicia e Norte de Portugal. Foi fundada en Ribeira en 1993, e o seu primeiro presidente foi Dionisio Pereira, elixido en 1994. Agrupa a 38 asociacións locais: 36 de beiramar e dúas nas beiras dos ríos Miño e Sil:
- CRAC Coruxo (Vigo)
- Real e Ilustre Confraría da Dorna de Ribeira (Ribeira, A Coruña)
- Amigos da Dorna Meca (O Grove, Pontevedra)
- A. de Embarcacións Tradicionais "Os Galos" (Bueu, Pontevedra)
- Asociación "As Joritas" (Cambados, Pontevedra)
- Club do Mar Ferrol
- Grupo Etnográfico Mascato (Cambados, Pontevedra)
- Asoc. de Gameleiros Asodiña (Vigo)
- Asoc. de Marineros Artesanales y Deportivos "San Miguel" de Bouzas (Vigo)
- Asociación Sodináutica (Vigo)
- Asociación de Veciños "Boureante" (Poio, Pontevedra)
- Club Mariño "A Reiboa" (Poio, Pontevedra)
- R.C.N. de Sanxenxo.(Pontevedra).
- Asociación "A Rabandeira" de Vilanova de Arousa (Pontevedra)
- Amigos da Dorna de Portonovo. (Portonovo, Sanxenxo)
- Club Mariño Salnés (Cambados, Pontevedra)
- Asociación "Barcas do Minho" (Taboada, Lugo)
- Asociación "Canle" de Lira. (Carnota, A Coruña)
- Asoc. "A Figueirinha". Lanchas do Sil. (O Barco de Valdeorras, Ourense)
- Asoc. "Mar da Pedra" (Cangas, Pontevedra)
- Club Marítimo de Redes (Redes, Ares, A Coruña)
- Asociación "Rompetimóns" de Carril (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)
- Asociación "Barcos do Norte" de Viana do Castelo. Portugal
- Amigos das Embarcacións Tradicionais da Coruña. (A Coruña)
- Asociación "Mar de Noia". (Noia, A Coruña)
- Asociación "Mar de Muros". (Muros, A Coruña)
- Asociación "Sueste". Moaña. (Pontevedra)
- Escola Obradoiro "Mar de Vigo" II. Coruxo. Vigo.
- Asociación "Esteirana". Esteiro (A Coruña)
- Asociación Cultural Dorna. Illa de Arousa (Pontevedra)
- Asociación Cultural "Lajareu por barlovento" (Santa Uxía de Ribeira, A Coruña)
- Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras "Gamela" de Cabo de Cruz (Boiro)
- Asociación Cultural "Gameleiros". Breadouro. Canido. Vigo
- Asociación Marítima e Cultural Vilaxoan (Vilaxoán - Vilagarcía de Arousa)
- Fundación Expomar (Burela, Lugo)
- Asociación Cultural e Deportiva de Promoción de Actividades Xuvenís "A Fasquía" (Illa de Arousa)
- Instituto de Estudos Miñoranos (Gondomar - Pontevedra)
Cada dous anos organiza un encontro de embarcacións tradicionais nun porto diferente: Ribeira (1993), Coruxo (1995), O Grove (1997), Rianxo (1999), Combarro (2001), Illa de Arousa (2003), Cambados (2005), Ferrol (2007), Muros (2009) e Carril (2011).
Publica a revista Ardentía e o boletín interno O Apupo.