Federación Internacional de Esgrima
Aparencia
A Fédération Internationale d'Escrime (FIE) (en galego Federación Internacional de Esgrima) é o organismo internacional deportivo que regula a organización e a práctica da esgrima. A súa sede está na cidade suíza de Lausana e o seu actual presidente é Alisher Usmanov. A FIE componse de 149 federacións nacionais, cada unha recoñecida polo comité olímpico do seu país como a única representante da esgrima de estilo olímpico no seu país.
A FIE é a encargada de organizar o Campionato do Mundo de Esgrima e a Copa do Mundo de Esgrima
Historia
[editar | editar a fonte]A FIE fundouse o 29 de novembro de 1913 en París seguindo a decisión que tomara anteriormente un congreso internacional de esgrima celebrado en Gante. Os nove países fundadores foron:[1]
Presidentes da FIE
[editar | editar a fonte]- 1913–1921:
Bélxica Albert Feyerik
- 1921–1924:
Francia André Maginot
- 1925–1928:
Países Baixos George van Rossem
- 1929–1932:
Suíza Eugène Empeyta
- 1933–1948:
Bélxica Paul Anspach
- 1949–1952:
Francia Jacques Coutrot
- 1953–1956:
Italia Giuseppe Mazzini
- 1957–1960:
Francia Pierre Ferri
- 1961–1964:
Estados Unidos Miguel de Capriles
- 1965–1980:
Francia Pierre Ferri
- 1981–1984:
Italia Giancarlo Brusati
- 1984–1992:
Francia Rolland Boitelle
- 1993–2008:
Francia René Roch
- 2008- :
Rusia Alisher Usmanov
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Six, Gerard. "Fencing History" (PDF). Fédération Internationale d'Escrime. Consultado o 2013-04-01.