Saltar ao contido

Federación Peruana de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación Peruana de Fútbol
CONMEBOL
Logotipo
Fundación1922
Afiliación á FIFA1924
Afiliación á CONMEBOL1925
PresidenteAgustín Lozano
Sitio webwww.fpf.org.pe

A Federación Peruana de Fútbol (FPF) é a institución responsable de organizar e regular os campionatos oficiais de fútbol do Perú. Foi fundada o 23 de agosto de 1922 (102 anos) sendo o seu primeiro presidente Claudio Martínez Bodero. Está afiliada á FIFA dende 1924 e á Conmebol dende 1925. Tamén é responsable das distintas seleccións nacionais.[1]

Réxese por orde de prioridade pola normativa internacional, o código civil e a lei deportiva cuxas normas son a base dos seus estatutos e regulamentos. A asemblea de base é o órgano supremo da FPF e está integrada polos clubs de fútbol profesional e as 25 ligas departamentais.

A Federación ten por obxecto promover, dirixir, xestionar e controlar a práctica do fútbol afeccionado e profesional, de acordo co seu estatuto, a normativa que regula esta disciplina e a normativa deportiva internacional.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Historia FPF". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2022. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  2. "Institucional FPF". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de marzo de 2022.