Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda
Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1899 |
Na rede | |
https://zionist.org.uk | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda, tamén chamada Federación Sionista británica, é unha organización marco para o movemento sionista no Reino Unido.
Actualmente representa a máis de 30 organizacións e 50.000 afiliados.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]A organización foi establecida no ano 1899 para promover unha patria para as persoas xudías.
En 1917, o Ministro de Asuntos Exteriores británico Arthur Balfour remitiu a coñecida como Declaración Balfour ao líder da comunidade xudía do Reino Unido Walter Rothschild para que fose transmitida á Federación Sionista.[3]
No 1920, a Federación Sionista fundou a Organización Internacional de Mulleres Sionistas (WIZO, polas súas siglas en inglés). A Federación tamén fundou various movementos sionistas xuvenís.
Obxectivos
[editar | editar a fonte]A organización descríbese coma "a principal organización de base e de defensa de Israel do Reino Unido." [4]
Entre as súas finalidades e obxectivos están:[5]
- O apoio, coordinación e asistencia ao traballo de todos os seus afiliados no país e o compromiso cos movementos sionistas xuvenís.
- A promoción da participación de xudeus en actividades sionistas, incluíndo a educación, a cultura, a lingua hebrea e a información sobre Israel, sustentada na crenza de que o obxectivo principal do sionismo é a Aliyah.
Actividades
[editar | editar a fonte]As actividades inclúen a formación, as campañas, a interacción cos medios, facer lobby, loitar contra o movemento BDS e traballar con estudantes e eventos culturais.[6]
Estrutura e persoal
[editar | editar a fonte]A Federación Sionista británica é unha organización marco que abarca a meirande parte das organizacións sionistas do Reino Unido.
A 2023 o director é Rabbi Lea Mühlstein.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zionist Federation". Library.
- ↑ "Copia arquivada". The Jewish Leadership Council. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2022. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "World Zionist Organization finally responds to Lord Balfour in letter". The Jerusalem Post | JPost.com. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "About ZFUK". Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "About ZFUK". Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ "What we do". ZF. Consultado o 4 de abril de 2024.