Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil
Aparencia
Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil | |
---|---|
Tipo | organización paraugas |
Campo de traballo | protección da infancia |
País | España |
Na rede | |
https://www.fapmi.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil (FAPMI) é unha entidade sen ánimo de lucro na que se integran persoas e asociacións sensibilizadas coa defensa dos dereitos dos menores e tratan de promocionar un bo trato de nenos, nenas e adolescentes. As súas actividades céntranse nas seguintes áreas:
- Protección á infancia.
- Prevención do maltrato a nenos, nenas e adolescentes.
- Fomento do bo trato na infancia.
- Promoción dos dereitos do neno.
Traballan múltiples valores entre os que podemos destacar:
- Os orientados cara ás persoas: respecto pola dignidade humana e a defensa dos seus dereitos, a solidariedade entre quen forma parte da organización.
- Orientados cara a organización: a xestión da organización a medida das necesidades e as expectativas dos seus destinatarios; participación de tódalas persoas xa sexan voluntarios, profesionais ou usuarios como valor primordial para conseguir unha maior motivación e eficiencia nos servizos.
- Orientados á sociedade: a transparencia na xestión dos recursos e a demostración na súa eficiencia; a responsabilidade social e o compromiso permanente cara esa responsabilidade.
As liñas de axuda que ofrece esta federación son as seguintes:
- Teléfono europeo de axuda á infancia: 116111.
- Teléfono europeo de alerta de nenos desaparecidos: 116000