Saltar ao contido

Federalismo europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Europa.

O federalismo europeo é un movemento político e social que persegue a creación da Federación Europea, é dicir, que os estados de Europa se unan nunha federación.

Partidos políticos

[editar | editar a fonte]

Os partidos federalistas son:

Tamén moitos votantes do Partido Socialista Europeo se atopan neste movemento. A nivel estatal, hai partidos como o PNV e CiU que apoian unha Federación Europea pero integrada por nacións, na cal estarían, por exemplo, o País Vasco e Cataluña de forma separada a España, e tamén a nivel galego, partidos como Compromiso por Galicia.[1]

Os seguintes estados están gobernados polos Verdes Europeos, Demócratas Europeos ou Liberais Europeos:

O federalismo europeo, na súa forma moderna, empezou a xestarse a finais do século XIX, tomando forza ata os 20 do século XX, despois tivo un período de decadencia (Gran depresión e segunda guerra mundial), para despois con pulo, aínda que non tanto coma nos anos 20. Naquela época os presidentes dalgúns países de Europa Occidental (como Francia, e apoiados por Alemaña, Reino Unido e outros) pediron informes para unirse nunha federación.

A situación actual, coa Unión Europea cada vez tendo máis competencias, parece que vai ser como a dos anos vinte. Proxectos como as bolsas de estudos Erasmus, a unión monetaria (Euro), a unión aduaneira, o libre movemento de mercancías e persoas... así o indican; pero aínda restan moitos pasos para que se chegue ó punto de crear unha federación, como as complicacións que ten o tratado polo que se establece unha Constitución Europea (criticado por euroescépticos e europeístas, por ir demasiado lonxe e, á vez, por quedar curto. Aínda así, os europeístas apoiárono maioritariamente, entoando un "mais vale algo ca nada"). Tamén porque non ten un presidente europeo escollido por sufraxio universal, e porque moitas competencias europeas (como os orzamentos, ou a elección do presidente da Comisión) non son elixidas polo Parlamento Europeo, senón polos presidentes dos estados membros. Unha das críticas máis estendidas entre os europeístas de esquerdas é que a Unión Europea actual é soamente unha unión económica e non de cidadáns.

  1. "Propostas Políticas". Compromiso por Galicia. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 8 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]