Federico Ávila Cuadra
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1892 Viana do Bolo, España |
Morte | 1970 (77/78 anos) Viana do Bolo, España |
Alcalde de Fisterra | |
1925 – 1927 | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Federico Ávila Cuadra, nado en Viana do Bolo o 2 de novembro de 1892 e finado no mesmo concello en 1970, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre en Chao de Castro, foi trasladado a Fisterra en 1922. Foi cofundador da Banda Municipal de Fisterra en 1924. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Fisterra en 1925. Afeccionado á fotografía, publicou algunhas das súas imaxes en Vida Gallega. Dende 1927 foi mestre en Petín. Fundou o Orfeón e Rondalla Ecos de Sil de Petín en 1928 e creou e dirixiu a banda La Alborada de Viana do Bolo en 1932.[1]
Predecesor: Ramón Armesto García |
Alcalde de Fisterra 1925 - 1927 |
Sucesor: Ramón Rodríguez Vigo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Matilde Bustillo de Puga en 1917, e foi pai de Antonio Ávila Bustillo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vida Gallega, 30-9-1934, p. 15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ávila y Cuadra, Federico". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.