Federico Borrell García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1912 Benilloba, España |
Morte | 5 de setembro de 1936 (24 anos) Córdoba, España |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | anarquista, anarcosindicalista, miliciano anarquista |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Federico Borrell García, nado en Alcoi (Alacant) en 1912 e finado en Cerro Murciano (Córdoba) o 5 de setembro de 1936, foi un miliciano anarquista que loitou na guerra civil española nas milicias da CNT, mundialmente coñecido por ser retratada a súa morte en combate polo fotógrafo Robert Capa na instantánea Morte dun miliciano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos fundadores da sección local das Xuventudes Libertarias na súa vila natal. Coa chegada da guerra civil, integrouse nunha milicia, falecendo en Cerro Muriano con 24 anos. O fotógrafo Robert Capa retratou o momento da súa morte na instantánea coñecida como Morte dun miliciano. Aínda que a veracidade da foto foi cuestionada, algunhas investigacións parecen demostrar que a foto é real.
A foto publicouse o 23 de setembro de 1936 na revista francesa Vu converténdose desde entón nunha das instantáneas máis míticas non xa da guerra civil española senón da fotografía de guerra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Death of a Loyalist Soldier", fotografía de Robert Capa.