Federico Cantero Villamil
![]() Federico Cantero Villamil en 1920 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1874 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 22 de decembro de 1946 ![]() valor descoñecido ![]() |
Educación | Q8778170 ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñería aeronáutica e engenharia hidráulica (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | enxeñeiro civil, enxeñeiro ![]() |
![]() |
Federico Cantero Villamil, nado en Madrid o 22 de xuño de 1874 e finado en 1946 foi un enxeñeiro civil español coñecido polos encoros que construíu e proxectou ao longo do río Douro e polas súas investigacións no ámbito aeronáutico, que se resume na Libélula Viblandi, un helicóptero, ou precursor do mesmo, construído por el.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Os seus pais foron o enxeñeiro de camiños Federico Cantero Seirullo e Isabel Villamil Olivares. Casou con Tránsito Cid, e tiveron dous fillos. Após enviuvar, Cantero casou con Concepción García-Arenal Winter, neta de Concepción Arenal, e tiveron seis fillos.
Formación e primeiras obras
[editar | editar a fonte]Fíxose enxeñeiro o 30 de setembro de 1896, coa mellor cualificación. Realizou a súa práctica laboral durante 1897 en Zamora, e en 1900 comezou a traballar na "Jefatura de Obras Públicas de Zamora". En maio de 1900 pediu e obtivo unha licenza para traballar na hidráulica. Nese momento, os gobernos de España e Portugal planeaban como explotar o potencial hidroeléctrico do río Douro.
Encoros
[editar | editar a fonte]En 1899 funda a sociedade "El porvenir de Zamora", co obxectivo de financiar e explotar o encoro de San Román, preto de Zamora. A súa construción durou até 1903. Este encoro aproveitou un meandro do río Douro de 11,2 km de longo. Abriu un túnel de 1.5 km de longo e construíu as turbinas e os motores do outro lado. Mediante isto, o desnivel desde o encoro até as turbinas medía 14 metros, mentres que a altura do encoro era de só 5 metros.
Tamén deseñou e proxectou a denominada "Solución española de los Saltos del Duero", proxecto que planificou todas as represas da vertente española do río Douro.[1]
Finalmente, proxectou a construción real dalgunhas desas presas, e tamén dous encoros de Burgomillodo, río Duratón e río Eresma.
Patentou en 1945 un "novo tipo de pechadura hidráulica accionada pola propia auga da canle ou o encoro onde están instalados".
Ferrocarril
[editar | editar a fonte]En 1913 propuxo un proxecto para unir Zamora e Ourense a través de Puebla de Sanabria por vía férrea. Foi unha das obras de enxeñería máis duras da súa época: o proxecto contaba con máis de 100 túneles, en particular o túnel de Padornelo, de 6 km de lonxitude. Executouse entre 1921 e 1957 cunha vía única, aínda que o deseño admitía vía dobre. En 1931 as obras foron suspendidas, o que provocou unha manifestación[2] e uns acontecementos que levaron á proclamación efémera da República Galega.[3][4][5]
Para conmemorar o centenario do proxecto, foi publicado un libro en 2013.[1]
Aeronáutica
[editar | editar a fonte]
Aínda que a principal obra de Cantero foi a dos encoros, dende 1908 foi patentando outros inventos no ámbito da aeronáutica. O seu principal interese era o problema do voo. É en 1910 cando patentou unha ... idea de manter os corpos no aire e, se o quixese, a propulsión . Á primeira seguíronlle trinta e catro patentes, sendo as últimas dedicadas ao helicóptero que construíu: o Libélula Viblandi. Usando os coñecementos adquiridos durante trinta anos de traballo, Cantero comezou a construír ese helicóptero en 1936, competindo con Igor Sikorsky e con Anton Flettner e Heinrich Fokke por facer voar un helicóptero. A Guerra civil española comezou ese ano, e o helicóptero ficou en Madrid (zona republicana) mentres que Cantero permaneceu en Zamora (zona nacional). En outubro de 1941 o helicóptero estaba listo para as probas. Os resultados daquela proba perdéronse e o proxecto de voo estaba decaendo cando Sigorsky probou o seu helicóptero con éxito en 1938 e 1940.[6]
Fontes
[editar | editar a fonte]As obras de Cantero foron esquecidas durante anos, e recentemente foron redescubertas por Isabel Díaz de Aguilar e Federico Suárez Caballero. As fontes primarias básicas son as patentes que rexistrou e dous libros de Cantero sobre a Libélula.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Sadia, José María (2014-05-24). "Zamora da las gracias a un visionario". La Opinión de Zamora (en castelán). Consultado o 2024-01-05.
- ↑ "Se organiza una manifestación. Se proclama la República Gallega". El Pueblo Gallego nº 2.254 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014.
- ↑ "En Orense se declara la República Gallega". El Regional nº 17.127 (en castelán). 25 de xuño de 1931. p. 3.
- ↑ "Última Hora: A Madrid llega la noticia de haberse proclamado la República Gallega en Orense". La Zarpa nº 3.062 (en castelán). 25 de xuño de 1931. p. 12.
- ↑ "El bello gesto de Galicia". El Emigrado nº 378 (en castelán). 7 de xullo de 1931. p. 1.
- ↑ "Helicópteros na Segunda Guerra Mundial". pt.topwar.ru/ (en ruso e portugués). Consultado o 5 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Federico Suárez Caballero. (2006) Federico Cantero Villamil, Arte&Prensa.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Un catedrático reivindica al pionero español inventor del helicóptero :: PD (en castelán)
- Un pionero de la aviación Babelia (en castelán)