Saltar ao contido

Federico Miraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFederico Miraz
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, avogado Editar o valor en Wikidata

Federico Miraz Fernández, nado en Ferrol en 1922 e finado en Córdoba o 5 de febreiro de 2005, foi un xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito e Xornalismo e con estudos de Maxisterio, comezou a súa carreira laboral no Faro de Vigo e en 1943, con só 21 anos, é nomeado redactor xefe do xornal La Voluntad, editado en Xixón. Alí permanece durante once anos, ata que en 1955 consegue o seu primeiro posto de director, no leonés Proa, e no seu corresponde Hoja del Lunes de León. Fundador da emisora La Voz de León, foi tamén presidente da asociación da prensa da capital leonesa, e vicepresidente da Federación Nacional de Asociacións da Prensa de España.

En 1961 regresa a La Voluntad, desta volta como director, cargo no que permanece ata 1973, cando se fai cargo da dirección do diario Córdoba, daquela vencellado estruturalmente ao Movemento Nacional. Dirixiu o xornal cordobés durante unha década, ata 1983, cando se retirou por motivos de saúde.