Saltar ao contido

Feixoada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Feijoada»)
Feixoada

Outros nomes Feijoada
Tipo Estufado
Orixe Brasil
Gastronomía Gastronomía do Brasil
Gastronomía de Portugal
Ingredientes
Animal Carne de Porco
Vexetal Feixón
Arroz

A feixoada é un dos pratos da gastronomía portuguesa e brasileira. Os seus ingredientes básicos son o arroz, o feixón e a carne de porco.

No Brasil, os días tradicionais da feixoada son o mércores e o sábado. Neses días, os restaurantes serven feixoada nos seus menús, e algunhas familias e grupos de amigos preparan " feijoadas " en reunións familiares. É un prato de preparación relativamente barato, sendo consumida por todas as clases sociais.

Os portugueses levaron receitas para o Brasil, algunhas cos seguintes ingredientes: orella, fociño, rabo e lingua de porco. Luís da Câmara Cascudo escribe sobre as orixes da feixoada no libro História da Alimentação no Brasil.

Segundo a escritora e xornalista Eda Romio, " uma primitiva feijoada começou a ser feita nas senzalas a partir de 1549 com a chegada dos primeiros escravos oriundos da África ".