Orella
Orella | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | tipo de subdivisión de organismo e clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | subdivision of external ear (en) ![]() ![]() |
Latín TA98 | auricula ![]() |
Parte de | ouvido externo (pt) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Composto por | |
Composto por
| |
[ Wikidata ] |
A orella (do diminutivo latino de auris, auricula[1]) ( pronunciación (axuda · info)) é a parte visible do órgano do sentido do oído, e está formada polo pavillón auricular ou pavillón auditivo externo que, canda o conduto auditivo externo, constitúe o chamado oído externo.
É unha estrutura cartilaxinosa (composta por cartilaxe e pel) que ten como función captar as vibracións sonoras e dirixilas cara ao interior do oído.
Moitos animais son capaces de mover a vontade o pavillón auricular cara a dirección da que procede o son (por exemplo, os cans). En cambio, a orella humana é moito menos direccional, pois non posuímos este control voluntario sobre a súa orientación.
Na especie humana, é unha lámina pregada sobre ela mesma en diverso sentidos, oval, cunha grosa extremidade superior, e tendo no seu conxunto aparencia dunha corneta acústica.
O pavillón ten un esqueleto de cartilaxe elástica que lle permite volver á súa posición normal despois dunha deformación. Cuberto de pel, non existe tecido celular subcutáneo. A parte inferior é o lobo (ou lóbulo) da orella, na que a parte central é adiposa, pouco innervada e ricamente vascularizada.
Partes da orella
[editar | editar a fonte]As partes que se distinguen na orella humana son:

- Cuncha.
- Hélice.
- Antihélice.
- Trago (Tragus).
- Antítrago (Antitragus).
- Lobo ou lóbulo.
- Fosa triangular.
- Scapha (barco).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orella |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de orella |