Saltar ao contido

Feira Mundial de Nova York de 1964

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Feira Mundial de Nova York de 1964
Tipoexposición universal
EnNova York
PaísEstados Unidos de América
40°44′39″N 73°50′40″O / 40.74402778, -73.84441667
editar datos en Wikidata ]

 

A Feira Mundial de Nova York de 1964 (ou de 1964 e 1965) foi unha exposición internacional celebrada na cidade de Nova York, Estados Unidos. O lugar da exposición foi Flushing Meadows-Corona Park, o mesmo que acolleu a Feira Mundial de 1939.[1] A feira inaugurouse o 22 de abril de 1964 e estivo aberta (durante 2 tempadas de 6 meses cada unha) até o 17 de outubro de 1965. Esta exposición non foi recoñecida pola Oficina Internacional de Exposicións (International Exhibition Bureau). Nesta feira, foi lanzado o Picturephone, primeiro aparello de vídeo-teléfono comercializado no mundo e fabricado pola AT&T.[2]

A idea xurdiu dun grupo de empresarios neoiorquinos liderados por Robert Moses, que querían que a feira fose rendible. Con todo, os plans que tiñan en conflito coas regras da International Exhibition Bureau. Moses expresou publicamente o seu desdén poo organismo e as súas regras. En represalia, a oficina internacional de exposicións non aprobou a feira.

O recinto

[editar | editar a fonte]

A feira ocupaba 2,6 quilómetros cadrados do parque Flushing Meadows-Corona. O tema da feira foi "A paz a través do entendemento" aínda que a feira estivo dedicada a "O logro do home nun globo que se encolle nun universo en expansión" (en referencia á carreira espacial).[1] A feira lémbrase como un escaparate da cultura estadounidense de mediados do século XX e o seu símbolo era o Unisphere, un globo terráqueo xigante feito de aceiro.[1]

A pesar de que a oficina internacional de exposicións non aprobou a feira (pedindo aos seus países membros que non asistiran),[1] [3] varios países (máis de setenta) decidiron asistir.

A Organización das Nacións Unidas tamén estivo representada na Expo. Porén, a participación na feira estivo dominada por estados e empresas dos Estados Unidos.[3] A ausencia do Canadá, Australia, a Unión Soviética e varios países europeos manchou a imaxe da feira.

Entre os atractivos destacados da feira atópase o pavillón da Santa Sé, que expuxo a escultura "La pietá", do artista Michelangelo.[3] Outras atraccións populares foron:

  • Unha réplica dunha vila belga medieval.
  • Futurama, un espectáculo onde os espectadores estaban sentados en cadeiras móbiles vendo como sería a vida no futuro.
  • Diversas fontes e esculturas temáticas facendo referencia á carreira espacial.

A Westinghouse enterrou unha cápsula do tempo preto doutra que fora enterrada en 1939.

Despois da feira

[editar | editar a fonte]
A Unisphere en 2010.

A feira terminou cun saldo de visitantes de 51 millóns, inferior aos 70 millóns esperados, a feira acumulou débedas e en 1968 Moses foi acusado de malos manexos financeiros

Só uns poucos pavillóns sobreviviron, moitos deles atoparon unha "segunda vida" lonxe da Gran Mazá. En canto ao parque, úsase para facer sendeirismo e recreación e alí dispútase o US Open.

O Unisphere aínda está no seu lugar e é o símbolo do municipio de Queens. Ademais, apareceu na película Men in Black cando o OVNI pasou por el cando caeu ao chan.

A feira inspirou a Walt Disney para facer Walt Disney World (de feito, 4 atraccións da feira foron deseñadas por Disney) e presume que tamén inspirou a Universal Studios Florida para facer a entrada (un globo terráqueo co cartel "Universal Studios") e unha atracción dese parque.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Colangelo, Lisa. "1964 World's Fair: When the world came to Queens" (en inglés). Nova York: New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2016. 
  2. "Primeira ligação com vídeo faz 50 anos; saiba como funcionava". www.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2022-08-24. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Steele Gordon, John (outubro de 2006). "The World’s Fair" (en inglés) 57 (5). Rockville, Maryland: American Heritage Publishing Company. ISSN 0002-8738. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]