Feliciano Crespo Bello
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Ortigueira, España |
Morte | 12 de abril de 1976 (62/63 anos) Ortigueira, España |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Ortigueira | |
1943 – 1945 ← Manuel Bermúdez Alfonso | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Feliciano Crespo Bello, nado en Ortigueira en 1913 e finado no mesmo concello o 12 de abril de 1976,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xefe de Falange Española de Ortigueira, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nas tomas de Cariño e Cedeira a finais de xullo e na execución de máis de setenta persoas en Ortigueira, Cedeira, Cerdido e Mañón. Foi nomeado concelleiro de Ortigueira e terceiro tenente-alcalde na comisión xestora presidida por Gonzalo Prieto Cao. Colaborou en Era Azul. Foi alcalde de Ortigueira en 1944, deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Foi xefe provincial da Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos. Foi elixido procurador en Cortes en 1949 como representante de deputacións provinciais, permanecendo no cargo até 1952. Foi tesoureiro da xunta reitora de UTECO,[2] e presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria.
Predecesor: Manuel Bermúdez Alfonso |
Alcalde de Ortigueira 1943 - 1945 |
Sucesor: José Colino |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Rosa Rego Fernández en 1944,[3] e foi pai de Mª del Carmen, Ramón e Feliciano Crespo Rego.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 1947 foille concedida a Encomenda da Orde do Mérito Agrícola.[4]
- Foi nomeado fillo predilecto de Ortigueira en 1948.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Suárez, X. Manuel (1993). O alzamento de 1936 no norte da Coruña. Sada: Do Castro.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- De Cunqueiro, Falange, Ortigueira y la memoria histórica Arquivado 11 de decembro de 2017 en Wayback Machine.