Felipe Augusto de Saint-Marcq
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1762 ![]() Taintignies, Bélxica (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1831 ![]() Madrid, Spain, España ![]() |
Causa da morte | cólera ![]() |
![]() | |
marzo de 1826 – setembro de 1830 ← Rafael Sempere Esclápez – Manuel Llauder (pt) ![]() | |
![]() | |
20 de xuño de 1823 – 4 de xullo de 1824 ← Antonio Garcés de Marcilla y Llorens (en) ![]() ![]() | |
![]() | |
1814 – 1818 ← Francisco Javier Venegas (en) ![]() ![]() ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | Tenente xeneral ![]() |
Conflito | Guerra da Independencia española Guerras napoleónicas Cercos de Zaragoza primeiro cerco de Zaragoza segundo cerco de Zaragoza ![]() |
Premios | |
Felipe Augusto de Saint-Marcq (ou Saint-March), nado en Taintegnies (Bélxica), en 1762 e finado en Madrid en 1831, foi un militar belga ao servizo de España durante a Guerra da Independencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou no servizo de España aos 14 anos, no rexemento da Garda valoa do rei, no que era capitán de compañía cando estalou a Guerra da Independencia. Cando os franceses se apoderaron de Madrid, Saint-Marcq conseguiu fuxir. Trasladouse a Valencia, onde obrigou ao xeneral francés Moncey a levantar o asedio da cidade. Como premio por esta acción foi ascendido a Mariscal de campo.
Cando se produciu o primeiro sitio de Zaragoza conseguiu reunir uns seis mil homes cos que contribuíu a que os franceses de Lefebvre levantaran o campo. Quedou en Zaragoza ás ordes de Palafox, participando activamente na defensa da cidade durante o segundo sitio, sendo premiado cos galóns de Tenente xeneral. Cando a praza capitulou foi feito prisioneiro e conducido a Nancy, onde permaneceu até 1814.
Cando Fernando VII regresou, Saint-Marcq, xa liberado, puido retornar a España. Foi, sucesivamente, capitán xeneral de Galicia, de Valencia e de Aragón, até 1830. Morreu en Madrid, vítima dunha epidemia de cólera, en 1831.