Felipe Chirinos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Galicia, España ![]() |
Morte | maio de 1905 ![]() Tlalpan, México (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Felipe Chirinos, nado en Galicia e finado en Tlalpan (Cidade de México) en maio de 1905,[1] foi un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, pero antes de rematar a carreira emigrou a Estados Unidos. En Nova York dirixiu o periódico Las Novedades. Pola guerra hispano-estadounidense tivo que marchar a México onde foi redactor de El Correo Español.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Noroeste'', 24-6-1905, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 27-6-1905, p. 2.