Felipe Criado Boado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1960 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo, antropólogo |
Familia | |
Pai | Felipe Criado |
Felipe Criado Boado, nado en Santiago de Compostela o 4 de setembro de 1960, é un arqueólogo galego vinculado ao CSIC. Ten realizado investigacións e traballos de campo en Galiza, España, Portugal, o Reino Unido, Chile, a Arxentina, o Perú e o Uruguai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982 e doutorado en 1989. Foi profesor titular da USC dende 1991. En 2000 entrou no CSIC como Profesor de Investigación no Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Dende 2003 é Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais[1].
A súa maior achega foi a definición e consolidación da arqueoloxía da paisaxe: neolítico, megalitismo, idade de bronce, cultura castrexa ou arte rupestre. Foi creador en 1991 do Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe na Universidade de Santiago de Compostela. Este grupo integrouse en 1997 no Instituto Tecnolóxico da USC como Laboratorio de Arqueoloxía e formas culturais. En maio de 2010 pasou a ser unha unidade asociada ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento do CSIC como Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) constituído por máis de trinta investigadores e técnicos[2].
En 2008 un artigo do catedrático Xosé Carlos Bermejo Barrera da USC crítico co método de investigación arqueolóxico do equipo de Felipe Criado Boado e a Xunta de Galicia foi censurado polo CSIC[3].
A European Association of Archaeologist (EAA), segunda asociación de arqueólogos máis importante do mundo despois da Society for American Archaeology, elixiuno como presidente para o período entre 04/09/2015 e 01/09/2021[4][5].
En 2023, sendo director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, recibiu o premio Ramón Menéndez Pidal de Humanidades na categoría sénior. O ministerio destacou os seus estudos recentes sobre "como o mundo que construímos e habitamos modifica a nosa mente e a nosa forma de procesar a información".[6]
Obra
[editar | editar a fonte]Felipe Criado Boado é autor de 12 libros e 154 artigos científicos[7].
- La cerámica campaniforme en Galicia (1982). Co autor con José Manuel Vázquez Varela. Cadernos do Seminario de Sargadelos. Sada: Ediciós do Castro.
- Del terreno al espacio: planteamientos y perspectivas para la arqueología del paisaje (1999). USC. ISBN 84-699-0243-1.
- Planear el pasado: ideas para la recuperación del Castro de Elviña (2003). USC. ISBN 84-9750-260-4. Con Matilde González.
- Arqueológicas. La razón perdida, (2012). Barcelona: Edicions Bellaterra.
- Atlas arqueolóxico da paisaxe galega (2016). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-048-1.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Felipe Criado Boado Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine. na web da Asociación Española de Científicos (en castelán).
- ↑ Felipe Criado Boado en Galegos.
- ↑ "El CSIC censura un artículo crítico con la política arqueológica de la Xunta", artigo en La Opinión de A Coruña, 21 de maio de 2008 (en castelán).
- ↑ "Felipe Criado Boado, presidente de la EAA. DLGGA-Delegación del CSIC en Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2015. Consultado o 07 de outubro de 2015.
- ↑ EAA, ed. (24/05/2019). "EAA BOARDS AND COMMITTEES". Arquivado dende o orixinal o 30/04/2021. Consultado o 24/05/2019.
- ↑ País, El (2023-09-22). "Luis Enjuanes encabeza los Premios Nacionales de Investigación 2023". El País (en castelán). Consultado o 2023-09-22.
- ↑ CSIC Felipe Criado-Boado, obras do autor, en Academia.edu.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- “Arqueológicas. La razón perdida”App en Google Play
- "A Conversa" con Felipe Criado Boado, entrevista en Popular.tv, 30 de abril de 2013).