Felisa Verdejo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1950 (74 anos) Salamanca, España |
Educación | Universidade Pierre e Marie Curie |
Director de tese | Antonio Vaquero Sánchez |
Actividade | |
Lugar de traballo | París Barcelona Donostia Madrid |
Ocupación | informática teórica, profesora universitaria |
Empregador | Universidad Nacional de Educación a Distancia (1991–) Universidade Politécnica de Cataluña (1985–1991) Faculty of Informatics of San Sebastian (en) (1981–1985) Universidade do País Vasco (1981–1985) Universidade Complutense de Madrid (1977–1981) Universidade Politécnica de Madrid |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Kepa Sarasola Gabiola (en) , Arantza Diaz de Ilarraza Sanchez (en) , Isabel Fernández de Castro (en) e Horacio Rodríguez Hontoria (en) |
María Felisa Verdejo Maillo, nada en Salamanca 1950, é unha catedrática de universidade do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UNED. É unha das pioneiras españolas en procesamiento da linguaxe natural e intelixencia artificial.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou a tese doutoral en Informática na Universidade Pierre e Marie Curie (Paris VI).
Creou e fomentou grupos de investigación, en varias universidades, nos campos do procesamiento da linguaxe natural, intelixencia artificial e a educación a distancia. Desenvolveu docencia e investigación en catro universidades españolas: Universidade Complutense (1978-1981), Universidade do País Vasco (1981-1985), Universidade Politécnica de Cataluña (1985-1991), e UNED (desde 1991).
Abriu e impulsou unha liña de investigación estratéxica, a que trata do procesamiento automático do idioma español para integralo en sistemas intelixentes e multitude de aplicacións.[1] Os seus logros científicos plásmanse nas súas publicacións, nos proxectos de investigación que en moitas ocasións incluían a amplos consorcios que logrou reunir e liderar con éxito, e nas vinte teses doutorais que dirixiu.[2][3]
A súa capacidade de liderado plasmouse en múltiples esforzos para a promoción e construción da comunidade científica nas súas áreas de traballo:
- Vicepresidenta da COSCE (Confederación de Sociedades Científicas de España) desde marzo do 2009
- Fundadora da sociedade científica SEPLN en 1983 (Sociedade Española para o Procesamiento da Linguaxe Natural)
- Fundadora da sociedade científica AEPIA (Asociación Española para a Intelixencia Artificial),
- Fundadora da sociedade científica Iberamia (Iberoamericana de Intelixencia Artificial).
- Membro do "Working Group 3.6" do IFIP.
- Membro do comité da Global Wordnet Association.
- Membro (grupo UNED) de ELSNET, Rede de excelencia en Human Languages Technologies até 2004
- Membro do “board” do SIG CSCL, Kaleidoscope, desde o 2004
- Membro do “board” do SIG AI&ED, Kaleidoscope, desde o 2004
- Membro do “steering committee” do Cros Language Evaluation Forum (CLEF), desde a súa fundación.
- Membro do comité asesor do Instituto IMDEA de redes (2007-2010)
Formou parte moi activa nas axencias de avaliación de investigación e docencia. Como organizadora ou promotora tamén participou en numerosas actividades de difusión da investigación no ámbito nacional, iberoamericano e europeo.
Premios
[editar | editar a fonte]Na súa vida profesional Verdejo foi obxecto de numerosos recoñecementos da comunidade investigadora.
- Cabe destacar que en 2002 foi nomeada ECCAI Fellow, a máis alta distinción das asociacións europeas en Intelixencia Artificial.[4]
- Premio Nacional de Informática José García Santesmases en 2014 á Traxectoria Profesional para investigadores en enxeñaría informática que realizaron achegas significativas de promoción, apoio, e investigación da Informática ao longo da súa vida.[5]
- O 28 de xaneiro de 2016 foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Alacante.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.scie.es/wp-content/uploads/2015/01/Acta-SCIE-Premios-2014.pdf Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Acta dos premios SCIE 2014
- ↑ Publicaciones de Felisa Verdejo en Google Scholar
- ↑ Publicaciones de Felisa Verdejo Arquivado 02 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. en la base de datos DBLP
- ↑ "Lista de ECCAI Fellows". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2021.
- ↑ "Premios Nacionales de Informática 2014". scie.es. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2015.
- ↑ Felisa Verdejo, una auténtica pionera del lenguaje y sistemas informáticos es, desde hoy, honoris causa por la #UA
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina persoal de Felisa Verdejo na web do grupo NLP & IE da UNED.
- España ten que incorporar máis masa crítica á investigación en tecnoloxías da lingua. Entrevista en Madrimasd.