Felisindo Carballo Romero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Xinzo de Limia, España |
Morte | 8 de xullo de 1981 (80/81 anos) Xinzo de Limia, España |
Alcalde de Xinzo de Limia | |
5 de xuño de 1931 – 1935 (dimisión) – Modesto Álvarez Elices → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Felisindo Carballo Romero, nado en Xinzo de Limia en 1900 e finado no mesmo concello o 8 de xullo de 1981, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrante retornado, coa proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da xestora de Xinzo de Limia o 21 de abril. Celebradas novas eleccións o 31 de maio, foi elixido alcalde o 5 de xuño adscrito ao Partido Republicano Radical. En 1935 foi nomeado interventor da Caixa de Aforros Provincial e deixou o cargo de alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de xuño de 1942 e sufriu expediente de responsabilidades políticas.
Predecesor: Arturo Rodríguez Rivero |
Alcalde de Xinzo de Limia 1931 - 1935 |
Sucesor: Modesto Álvarez Elices |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Taboada Álvarez, filla de José Taboada Cortés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus. pp. 361–364. ISBN 978-84-612-6855-9.