Feliz idade
Aparencia
Feliz idade | |
---|---|
Autor/a | Olga Novo |
Lingua | galega |
Colección | Tambo |
Xénero(s) | poesía |
Editorial | Kalandraka |
Data de pub. | 2019 |
Páxinas | 152 |
ISBN | ISBN 978-84-16721-24-5 |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Feliz idade é un poemario da poeta galega Olga Novo. Foi publicado na colección Tambo, baixo o selo Faktoría K de libros da editora Kalandraka en 2019. O libro acadou o Premio da Crítica de poesía galega[1] e o Premio Nacional de Poesía[2].
Características
[editar | editar a fonte]O libro une a xestación e a infancia da filla da poeta coa enfermidade do pai (alzhéimer) e o loito polo seu pasamento. Alén dunha carta limiar dirixida á filla, o libro componse das seguintes partes:
- I. "Fogonazo"
- II. "Poesía en posición fetal"
- III. A Lúa su o negrillo"
- IV. "Zona tigre"
- V. "Da beleza indómita"
- VI. "Amor es"
- VII. "Harmonía fractal"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Berta Dávila y Olga Novo, Premios de la Crítica 2019". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-09-27. Consultado o 2020-09-27.
- ↑ "A galega Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-10-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Feliz idade Arquivado 02 de novembro de 2020 en Wayback Machine. no sitio web de Kalandraka.