Saltar ao contido

Feminismo marxista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O feminismo marxista é unha póla do feminismo enfocado en investigar e explicar as maneiras polas cales as mulleres son oprimidas por medio dos sistemas do capitalismo e da propiedade privada. De acordo coas feministas marxistas, a liberación das mulleres só pode ser alcanzada a través dunha reestruturación radical da economía capitalista actual, en que gran parte do traballo das mulleres é desigual.[1] Karl Marx chegou a citar a François Fourier que dicía que o progreso humano estaría asociado a emancipación con relación ó sexismo.[2] O combate que Marx e Engels facían ó sexismo era confirmado por contemporáneos como August Bebel que republicou os traballos do antropólogo Lewis Henry Morgan sobre este tema.[3] Marx tamén argumentaba que o traballo extenuante tiraba o foco dos pais con relación ó coidado da prole[4] e defendía que a familia tradicional era unha maneira de preservar a propiedade privada.[4][5] O autor tampouco descartou o papel da muller como grupo social na historia,[6] desafiando o determinismo machista e darwinista da época, a pesar de afirmar que a emancipación das mulleres sería algo inevitábel dende que haxa a superación dos modos de produción.[7] Os autores marxistas dos séculos XIX e comezos do XX[2][8][9][10][11] crían que a resolución do sexismo era unha das maiores cuestións a seren afrontadas pola esquerda a nivel de xustiza social e equidade. A prostitución tamén é descrita polo pensador como algo suscetíbel a toda clase traballadora[6] e Karl defendía como antídoto un concepto de nova familia en que cada membro fose considerado como irmán.[8][12] A pesar diso, algúns autores argumentan que Marx defendía unha redución da xornada de traballo para que as mulleres ficasen na dependencia do lar.[13]

  1. Ferguson, A. & Hennessy, R. (2010). [1] Feminist Perspectives on Class and Work. Stanford Encyclopedia of Philosophy.
  2. 2,0 2,1 Hayden, Carol Eubanks. 1979 /1984. Feminism and Bolshevism: The Zhenotdel and the Politics of Women’s Emancipation in Russia, 1917-1930. Ann Arbor, Mich.: University Microfilms International.
  3. Hayden, Carol Eubanks. 1979 /1984. Feminism and Bolshevism: The Zhenotdel and the Politics of Women’s Emancipation in Russia, 1917-1930. Ann Arbor, Mich.: University Microfilms International.p. 32-34
  4. 4,0 4,1 Field, Mark G. 1968. “Workers (and Mothers): Soviet Women Today.” Pp.7-56 in The Role and Status of Women in the Soviet Union by Donald R. Brown, ed. NYC: Teachers College Press. P. 8-9
  5. Luryi, Yuri I. 1980. Soviet Family Law. Buffalo, NY: William S. Hein and Company.
  6. 6,0 6,1 Hayden, Carol Eubanks. 1979 /1984. Feminism and Bolshevism: The Zhenotdel and the Politics of Women’s Emancipation in Russia, 1917-1930. Ann Arbor, Mich.: University Microfilms International.p. 33-34
  7. Buckley, Marry. 1985. “Soviet Interpretations of the Woman Question.” Pp.24-53 in Soviet Sisterhood: British Feminists on Women in the USSR. Barbara Holland, ed. London, UK: Fourth Estate.
  8. 8,0 8,1 Goldman, Wendy Z. 1993. Women, The State, and Revolution: Soviet Family Policy and Social Life, 1917-1936. NYC: Cambridge University Press.
  9. Pushkareva, Natalia.1997. Women in Russian History: From the Tenth to the Twentieth Century. Translated and edited by Eve Levin. London, UK: M.E. Sharpe.
  10. Marsh, Rosalind. 1998. “Introduction.” Pp.ix-xix in Women and Russian Culture: Projections and Self-Perceptions by Rosalind Marsh, ed. Oxford, UK: Berghahn Books.
  11. Stites, Richard. 1978. The Women’s Liberation Movement in Russia: Feminism, Nihilism, and Bolshevism 1860-1930. Princeton, NJ: Princeton University Press.
  12. Field, Mark G. 1968. “Workers (and Mothers): Soviet Women Today.” Pp.7-56 in The Role and Status of Women in the Soviet Union by Donald R. Brown, ed. NYC: Teachers College Press.
  13. Field, Mark G. 1968. “Workers (and Mothers): Soviet Women Today.” Pp.9 in The Role and Status of Women in the Soviet Union by Donald R. Brown, ed. NYC: Teachers College Press.