Feminismo xudeu
O feminismo xudeu é un movemento que busca mellorar o escenario relixioso, xurídico e social das mulleres dentro do xudaísmo e abrir novas oportunidades para a experiencia relixiosa e o liderado para mulleres xudías. Os movementos feministas, con abordaxes distintas, abríronse en todos as principais pólas do xudaísmo.
Na súa forma moderna, o movemento feminista xudeu pode ser rastrexado até os comezos dos anos 1970 nos Estados Unidos. De acordo coa profesora Judith Plaskow, que se concentrou na presenza do feminismo no xudaísmo reformista, as principais dificultades das primeiras feministas xudías eran a exclusión do grupo de oración coñecidos como minian, a imposibilidade das mulleres de seren testemuñas e de pedir o divorcio.[1]
Segundo a historiadora Paula Hyman, dous artigos publicados na década de 1970 sobre o papel da muller no xudaísmo foron particularmente influentes: The Unfreedom of Jewish Women, publicado en 1970 no Jewish Spectator pola súa editora, Trude Weiss-Rosmarin, que critica o tratamento das mulleres na lei xudía, e un artigo de Rachel Adler, chamado The Jew Who Wasn't There: Halacha and the Jewish Woman, publicado en 1971 na Davka, unha revista contracultural.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Plaskow, Judith. "Jewish Feminist Thought" in Frank, Daniel H. & Leaman, Oliver. History of Jewish Philosophy, Routledge, first published 1997; this edition 2003.
- ↑ Adler, Rachel. ""The Jew Who Wasn't There: Halacha and the Jewish Woman." Davka (Summer 1972) 7–11.
- ↑ Google Drive Viewer