Fender Mustang
Aparencia
A Fender Mustang é unha guitarra eléctrica de Fender Musical Instruments Corporation, introducina no mercado no ano 1964 como a base dun importante redeseño dos modelos de estudante da compañía, que eran a Musicmaster e a Duo-Sonic. Foi fabricada ata 1982 e re-lanzada en 1990.
Nos anos 60 foi usada na música surf, e conseguiu o seu status de instrumento de culto nos anos 90 tras ser usada nun gran número de bandas de rock alternativo. Os primeiros exemplares son dos obxectos máis prezados para os coleccionistas de guitarras de escala curta de Fender.
A Mustang está equipada con dúas pastillas sinxelas cunha configuración de interruptores infrecuente, e unha panca de trémolo única. Orixinalmente estivo dispoñible en dúas escalas distintas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fender Mustang |