Fentáns, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade
Fentáns | |
---|---|
Capela da Nosa Señora de Lixó | |
Parroquia | San Xurxo de Sacos |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°31′36″N 8°31′23″O / 42.526716933471, -8.5229192188313 |
Poboación | 67 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fentáns é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 67 habitantes (33 homes e 34 mulleres), o que supón un descenso de 6 persoas respecto ó ano 2006.
Características
[editar | editar a fonte]É a única parte do concello na beira dereita do río Lérez. Para chegar alí antigamente cruzábase pola ponte de San Xurxo, do século XVIII, pero no ano 2002 fíxose unha nova pola que pode pasar o tráfico rodado.
Neste lugar está a capela da Nosa Señora de Lixó e a Virxe dos Remedios, a carón dun peto de ánimas e do cruceiro de Lixó.
Pero o lugar destaca especialmente polo alto número de restos arqueolóxicos. Entre todos eles destaca a Pedra das Ferraduras, pero tamén están o petróglifo do Outeiro do Morcego (5 grupos), o do Coto da Braña, o do Outeiro da Besta, a Laxe dos Cervos, a Chan do Rapadoiro, o Coto do Rapadoiro, a do Camiño da Balboa, e os petróglifos de Lixó. Son da Idade de bronce, con inscricións de cazoletas, de figuras circulares e zoomórficas (de cervos).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Xurxo de Sacos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Xurxo de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Barbeitos | Calva da Viña | Cuspedriños | Cutián | Fentáns | Fontán | Lombo do Muíño | A Longa | Mirón | O Outeiro | San Xurxo |
Parroquias de Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 24 de abril de 2021.