Fermín González Prieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Viveiro, España |
Morte | 9 de maio de 1987 (86/87 anos) Madrid, España |
Educación | Academia Nacional de Bellas Artes San Alejandro (en) Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, pintor |
Fermín González Prieto, nado en Viveiro en 1900 e finado en Madrid o 9 de maio de 1987, foi un pintor e fotógrafo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou a Cuba en 1913 e mentres traballaba polo día nun almacén estudaba debuxo no Centro Galego da Habana. En 1915 ingresou na Academia Nacional de Belas Artes San Alejandro da Habana e a partir do ano seguinte deu clase de debuxo e pintura no Centro Galego. Ilustrou diversas publicacións como Eco de Galicia ou Labor Gallega. En 1918 estableceuse en Madrid grazas a unha bolsa[1] do Centro Galego para estudar na Academia de San Fernando.
En 1933 mudouse a Viveiro[2], traballando como fotógrafo, coñecido como o fotógrafo Lander, e mais tamén foi profesor de debuxo na Escola Elemental de Traballo. Militante do PSOE[3] sufriu represalias políticas tras o golpe franquista. Volveu á pintura na década de 1950. Especializouse como paisaxista, pintando directamente da natureza, especialmente na montaña luguesa mais tamén en Castela[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía en afundacion.org
- ↑ "Fermín González, el pintor de Viveiro que formó y lanzó el Centro Gallego en Cuba". La Voz de Galicia, 8 de abril de 2018
- ↑ Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" Vigo:Xerais, p. 514
- ↑ "30 anos da morte de Fermín González Prieto". Museo Provincial de Lugo, 5 de maio de 2017