Fermín López Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1911 Forcarei, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Fermín López Varela, nado en Forcarei o 30 de marzo de 1911,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Indalecio López Balseiros, industrial do Cachafeiro. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1929.[2] Protagonizou protestas nos cursos de selección profesional do maxisterio de 1931 e foi detido e multado xunto con Felipe Paz Adrio,[3] aínda que foron liberados dous días despois.[4] Foi nomeado mestre interino de Valeixe (A Cañiza) en novembro de 1931.[5] Fixo o servizo militar, aprobou o curso de ingreso ao maxisterio en abril de 1932 e fixo as prácticas na escola da Consolación;[6] despois foi nomeado mestre de Cernadelo (San Miguel de Presqueiras, Forcarei) en maio de 1933.[7] En novembro de 1934 foi destinado á escola de Pardesoa.[8] Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo da UGT,[9] e militou no PSOE. Colaborou en Escuela Vivida, onde apareceron os artigos "Himno republicano para los niños"[10] e "El laicismo y su poder renovador".[11] Presentou o relatorio "La comunidad infantil en la escuela" ao Congreso regional de trabajadores de la enseñanza de Galicia de maio de 1936.[12]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso nove ou dez meses primeiro no depósito de Cerdedo e despois na Escola Normal de Pontevedra. Foi destituído a finais de agosto.[13] Aos seus pais confiscáronlles un ómnibus sen indemnización, e á súa irmá Edelmira López Varela (militante do PCE) os falanxistas quixeron cortarlle o pelo ao rape en Forcarei. Incautáronse da súa biblioteca e no proceso de depuración foi sancionado con separación do servizo e baixa na escala en 1940. Revisado o seu expediente, a sanción foi confirmada ao ano seguinte.[14] Tivo problemas para dar clases particulares en Soutelo de Montes debido ás continuas denuncias de mestres falanxistas. Veuse implicado na caída do PCE en setembro de 1948, sendo detido e trasladado ao cuartel da Garda Civil de Lalín xunto cos seus irmáns Jesús e Josefina López Varela.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Irene Blanco en 1933,[15] e foi pai de María del Carmen López Blanco.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales, altas de 1934. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. p. 30.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-6-1929, p. 8.
- ↑ El Progreso, 17-11-1931, p. 2.
- ↑ El Progreso, 19-11-1931, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-11-1932, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-4-1932, p. 3.
- ↑ El País, 15-5-1933, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 11-11-1934, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-3-1934, p. 2.
- ↑ Escuela Vivida, 23-6-1936, p. .
- ↑ Escuela Vivida, 16-7-1936, p. .
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-5-1936, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2.
- ↑ BOP Pontevedra, 31-12-1941, p.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-3-1933, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-5-1959, p. 10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porto Ucha, Anxo Serafín; Vázquez Ramil, Raquel (2017). "A depuración do maxisterio primario na provincia de Pontevedra (1936-1942)" (PDF). Sarmiento (21): 31–72.